A poboación de España aumentou en 21.021 persoas (0,05%) durante a primeira metade do ano e situouse en 46.549.045 habitantes ao 1 de xullo de 2017.
Durante o primeiro semestre de 2017 a poboación creceu en sete comunidades autónomas e reduciuse nos 10 restantes, así como nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla. Os maiores incrementos en termos relativos déronse en Illes Balears (0,84%), Comunidad de Madrid (0,46%) e Canarias (0,43%). No outro extremo, os descensos de poboación máis acusados déronse en Castela e León (–0,50%), Estremadura (–0,43%) e Principado de Asturias (–0,41%).
Galicia perdeu no semestre un total de -6.554 habitantes ( -0,24 %). A súa poboación ao 1 de xullo de 2017 quedou fixada en 2.703.662 persoas.
Migracións exteriores
O saldo migratorio no primeiro semestre foi positivo en 52.926 persoas, un 21,4% menor que no semestre anterior. Obsérvase unha desaceleración no crecemento do saldo migratorio positivo, tendencia iniciada a mediados de 2015.
Un total de 237.115 persoas procedentes do estranxeiro estableceron a súa residencia no noso país na primeira metade de 2017, o que supón un crecemento do 4,1% respecto do semestre anterior. Pola súa banda, 184.189 abandonaron España con destino a algún país estranxeiro, un 14,8% máis que no semestre anterior.
No caso dos españois, o saldo migratorio foi de –12.976 persoas. Pola súa banda, a poboación estranxeira tivo un saldo migratorio positivo (de 65.902 persoas), continuando así coa tendencia iniciada en 2015.
O número de estranxeiros creceu un 1,0% ata situarse en 4.464.997 persoas debido, principalmente, á inmigración procedente do exterior.
Estes datos de poboación séguennos alertando sobre un dos principais problemas da nosa Nación, o progresivo envellecemento e a baixa natalidade.
Unha preocupante evolución demográfica que ten unha especial incidencia e gravidade nalgunhas zonas de España debido a factores de envellecemento, de ruralidad e de dispersión. É o caso de Asturias, de Castela -León e tamén de Galicia.
Ante os cálculos do INE de que no próximos quince anos España perdería medio millón de habitantes e dentro de cincuenta anos máis de cinco millóns, estamos reaccionado e moito máis deberemos reaccionar.
No noso país estamos a traballar desde unha Estratexia Nacional fronte ao Reto Demográfico, que lidera a Comisionada do Goberno para este fin, a ourensá Miri Barreira. Pero non debemos esquecer que - como dicía a Comisionada - este problema non só é nacional, afecta o conxunto da Unión Europea que debe implicarse máis coas súas políticas, moi especialmente para fomentar un crecemento equilibrado entre as zonas densamente poboadas, as zonas con perda de poboación e as zonas con elevada dispersión da poboación, favorecendo a accesibilidade dos servizos e a creación de oportunidades.
Recibirá resposta