Esta mañá as portas do Congreso volveron abrirse ás 9,30 horas, e os máis madrugadores foron recibidos pola presidenta do Congreso e membros da Mesa da Cámara.
Un mozo de Leganes, Alberto Díaz,foi o primeiro en acceder na xornada de Portas Abertas.
Tiven outra vez oportunidade de saudar a centenares de persoas vindas desde todos os lugares de España e por suposto de Galicia: Lugo, Ferol, Vigo, Verín, Ourense, etc.
Preto das 20:20 da noite entraron os últimos cidadáns ao Palacio do Congreso, e a vicepresidenta Micaela Navarra pechou a Porta dos Leóns pola que pasaron ao longo dos dous días, 11.928 cidadáns. Onte sábado acudiron 5.614 persoas, e hoxe fixérono 6.314.
Hai que felicitar a todo o persoal que traballa no Congreso dos Deputados polo magnífico traballo desenvolvido para atender a todos os nosos compatriotas.