Participo hoxe pola mańa no Auditorio de Ourense no acto conmemorativo do XXXIX aniversario da Carta Magna e do 34º Concurso da Constitución, que premiou debuxos e redaccións de alumnos de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e FP de centros escolares da provincia de Ourense. Nesta ocasión baixo o lema: “A organización territorial do Estado”
O acto, foi presidido polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e contou tamén coa presenza do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, do presidente da Deputación, Manuel Baltar, de membros do Congreso, o Senado, do Parlamento galego e deputados provinciais, ademais doutras institucións locais, xunto con representantes dos ámbitos social, da xudicatura, relixioso, empresarial e da cultura.
O subdelegado do Goberno, Roberto Castro, nun excelente discurso falou da conservación do noso medio natural e o seu coidado, tras a barbarie e o sinsentido que ocorreu a mediados do mes de outubro en Ourense e Galicia.
Fixo unha chamada a reflexionar, porque “ non é admisible que perdamos impunemente, cada ano, miles de hectáreas calcinadas pola acción de mans irresponsables –cando non presuntamente asasinas- e vexamos como os nosos compatriotas perden a vida e as súas pertenzas, como ocorreu este ano 2017”.
Lembrou que " Todas as árbores son fermosas, e amosan os pasos que
noutrora foron camiño, e rubrican a memoria senlleira dos nosos devanceiros. O
Souto de Rozabales en Manzaneda; o Teixedal de Casaio en Carballeda de
Valdeorras; o Bidueiral de Xares en A
Veiga; os Tileiros prateados da igrexa de San Domingos en Ribadavia e os do
Mosteiro de Oseira en San Cristovo de Cea; a Aciñeira de Covas en Rubiá e o
Castiñeiro do Prado da Ponte de A Mezquita, que foi primeiro pai, máis tarde mestre
e sempre valedor e conselleiro"
Tamén referiu que "un chamamento á concordia, á convivencia e á unidade entre todos e de todos, foi a mensaxe dos traballos dos escolares da provincia que participaron na Edición número 34 do Concurso sobre a Constitución. O resultado, un ano máis, unha morea de documentos paradigmáticos sobre o valor do entendemento e da tolerancia. Un caudal de sentenzas sobre o verdadeiro compromiso das persoas que cohabitan nun territorio, coa legalidade e o cumprimento do ordenamento xurídico como referentes".
Destacar finalmente a actuación da Banda xuvenil da escola municipal de música de Celanova que se encargou de abrir e pechar o acto coa interpretación do himno galego e español.
Parabéns ao personal da subdelegación do Goberno en Ourense que organizou perfectamente o acto.
Parabéns ao personal da subdelegación do Goberno en Ourense que organizou perfectamente o acto.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta