Paseo esta tarde pola ribeira do río Miño na proximidade da
Ponte Nova, o que me permite ter outra visión desta gran obra de enxeñería que
cumprirá o 20 de xuño deste ano, un século.
Vexo con detalle os seus seis arcos de sillería e o tramo metálico de arco parabólico de 74 metros de luz. Aprecio tamén as áncoras, follas de carballo e outros motivos que decoran os baixorrelevos dos arcos en pedra dos extremos desta ponte que na sua parte superior leva uns farois de fundición realizadas polos Talleres Iglesias de Madrid.
Esta ponte formou parte do proxecto da chamada, Estrada de
Primeira Orde desde o Campo de San Lázaro de Ourense ata a Estación de Canedo (ferrocarril de Ourense a Vigo)·
O seu proxecto foi aprobado definitivamente por Real Orde do
22 de febreiro de 1909. Poxáronse as obras o 7 de abril de 1910. O orzamento de
contrata era de 1.211.996 ptas.
O 29 de agosto de 1917 redactouse un proxecto reformado por importe de 1.310.464,20 ptas. Foi aprobado por Real Orde de 22 de outubro de 1917 o que supuso un aumento de 98.468 ptas. sobre orzamento primitivo.
Aínda que o prazo inicial de execución de obras foi de 5
anos, por diversas razóns, as obras deberon terminar o 13 de xaneiro de 1918.
Esta Ponte representou
a chegada da modernidade a Ourense, posibilitando unha nova comunicación viaria
sobre o río Miño que ata entón só era posible por medio da histórica Ponte
Romana.
Recibirá resposta