Asisto esta mañá no Congreso á primeira sesión da Comisión para a avaliación e modernización do Estado autonómico, despois de que a comisión constituísese o pasado mes de novembro.
Na sala Constitucional e tendo como fondo os retratos dos pais da Constitución de 1978 compareceron os tres que seguen vivos: Miguel Herero e Rodríguez de Miñón, José Pedro Pérez-Llorca Rodrigo e Miguel Roca i Junyent.
Foi un luxo poder velos e oír as valoracións das persoas máis autorizados para facer un balance do devir da Carta Magna e da organización política e administrativa da nosa convivencia nos últimos 40 anos da nosa historia, e especialmente do noso modelo territorial.