Onte pola tarde uns 1.098 corredores e corredoras de todas as idades decidimos participar na II San Silvestre Ourensá.
Unha carreira, que saíu do xardín do Posío por zona integramente urbana, contando con catro categorías: absoluta, sub10- sub12, sub14- sub16 e absoluta.
A pesar dunha climatoloxía pouco favorable a carreira de cinco quilómetros resultou formidable e foi unha excelente maneira de terminar 2017, saudando a amigos e facendo deporte.