viernes, 12 de enero de 2018

En 2017 os tres aeroportos galegos da rede de AENA transportaron 4.851.762 pasaxeiros batendo o récord histórico rexistrado en 2007


Difunde hoxe AENA que con 4.851.762 de pasaxeiros, o tráfico dos tres aeroportos galegos en 2017 bate o récord histórico rexistrado en 2007.

Salientar que en 2016 os tres aeroportos galegos moveron un total de 4.528.037 millóns de pasaxeiros.

O Aeroporto de Santiago de Compostela rexistrou en 2017 un total de 2.644.925 pasaxeiros, un 5,3% máis que en 2016, o que o converte nun ano récord na historia do aeroporto. Do total de pasaxeiros comerciais (2.639.920), 2.012.440 realizaron voos nacionais (un 2,4% máis que en 2016) e 627.480 internacionais (un 15,7% máis). En canto ás operacións, en Lavacolla rexistráronse 21.520 voos en 2017, un 1,1% máis que no ano anterior.

Destes, 19.779 foron voos comerciais (un 1,6% máis), correspondendo 14.991 a voos nacionais e 4.788 a internacionais. Ademais, a terminal de carga manexou durante o pasado ano máis de 2.693 toneladas de mercadoría, o que supón un aumento do 17,3% neste tipo de tráfico. Durante o último mes do ano 2017, 200.982 persoas elixiron o Aeroporto de Santiago para realizar as súas viaxes en avión, un 15,2% máis que en decembro de 2016. En total, rexistráronse 1.596 voos e movéronse 235 toneladas de mercadorías pola terminal de carga, no último mes do ano. O Aeroporto de A Coruña rexistrou en 2017 un total de 1.141.242 pasaxeiros, un 7,3% máis que no ano anterior, o que o converte no terceiro mellor ano da súa historia en tráfico de pasaxeiros. Destes viaxeiros, 1.131.326 utilizaron voos comerciais (un 7,4% máis), 1.005.634 en traxectos nacionais e 125.692 en traxectos internacionais.

En canto ás operacións, en Alvedro rexistráronse 16.078 voos (un 2,8% máis que en 2016), dos cales 10.243 foron voos comerciais.

Destes movementos, 8.693 foron operacións nacionais e 1.550 internacionais.

O tráfico de mercadorías moveu na terminal coruñesa máis de 157 toneladas durante o ano 2017.

Durante o pasado mes de decembro, polo Aeroporto da Coruña pasaron 85.433 pasaxeiros, 1.018 aeronaves e 14 toneladas de mercadoría.


O Aeroporto de Vigo rexistrou 1.065.595 pasaxeiros en 2017, un 11,7% máis que en 2016. Dos pasaxeiros comerciais (1.064.151), 930.953 realizaron traxectos nacionais (un 4,8% máis) e 133.198 traxectos internacionais (un 104,1% máis).
En canto ás operacións, en Peinador rexistráronse, ao longo de 2017, 12.479 voos (un 8% máis que en 2016), dos cales 10.204 foron voos comerciais (8,9% máis).
Destes, 8.256 movementos foron operacións nacionais e 1.948 internacionais. Pola terminal de carga do aeroporto pasaron, durante o pasado ano, máis de 771 toneladas de mercadoría, un aumento do 62%.

Durante o pasado mes de decembro, polo Aeroporto de Vigo pasaron 71.802 pasaxeiros (un 13,3% máis que en decembro de 2016), 868 aeronaves (un 4,5% máis que no último mes do ano anterior) e máis de 108 toneladas de mercadoría (un aumento do 182,2%).

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta