sábado, 13 de enero de 2018

En Expourense no Campionato de Galicia Absoluto de atletismo en pista cuberta

Asisto esta mañá en Expourense para ver a o Campionato de Galicia Absoluto Indoor que se celebra por primeira vez en Ourense, cita máis importante do Atletismo Galego.

Comezou as 11:00 horas na Pista Cuberta de Ourense que presentaba un magnífico aspecto e con gran afluencia de atletas, adestradores, e acompañantes ademáis de moito público.

Puiden ver as evolucións do saltador olímpico Jean Marie Okutu quen estivo presente no campionato tomando parte nas probas dos 60 m. Tamén nos 60 m. puiden ver a calidade da internacional venezolana Nediam Vargas que o ano pasado dinamizaría a velocidade galega con 11.38 nos 100 m. e 23.07 nos 200 m. Tamén á tudense Leticia Fernández do ADAS Proinor, quen gañou os 1.500 m.

Fun invitado a entregar as medallas do proba de triple salto feminino.

Parabéns a Federación Gallega de Atletismo (FGA), que preside Isidoro Hornillos por programar en Ourense este campeonato que reunirá a cerca de 300 deportistas, nunha competición, a máis importante das celebradas ata o momento na pista ourensá.


Nela os atletas buscarán os podios galegos, pero tamén as marcas mínimas para os próximos Campionatos de España.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta