jueves, 18 de enero de 2018

En FITUR na presentación de iniciativas ourensás de promoción turística

Dedico boa parte do día de hoxe á participación en FITUR, a Feira Internacional de Turismo de varios actos, tantos nas casetas do Grupo Fomento como no de Galicia.



Entre eles  catro iniciativas provinciais: "Ourense, destino de turismo deportivo", a exposición "In tempore sueborum" a campaña "Trens turísticos 2018", e o "Xeodestino Carballiño-Ribeiro.


"Ourense, destino de turismo deportivo"

O presidente da Deputación Manuel Baltar falou da etapa da "Vuelta" 2018, que se disputará o 5 de setembro e que terá como meta o concello ourensán de Luíntra, na Ribeira Sacra. Un evento, La Vuelta, que ten unha cobertura en 188 países, con 70 horas de directo en sinal internacional, 1.200 xornalistas e fotógrafos acreditados e unha media de 1,5 millóns de telespectadores.

Asemade, nesta proposta de Ourense como escenario deportivo destaca o Rally de Ourense, a proba máis valorada desta disciplina automobilística. Neste ámbito, a Deputación de Ourense por medio do Inorde, e coa súa marca "Ourense, a provincial termal", patrocinará en 2018 ao piloto ourensán de rallys do equipo oficial Suzuki, Javier Pardo, quen xunto ao seu compañeiro Joan Vinyes disputará 11 probas do Campionato de España de Rallys de Asfalto e 7 probas do Campionato de España de Rallys de Terra.

A estas propostas no ámbito deportivo únense o Campionato de España Escolar
de Ciclismo, que se disputará en xullo en Baños de Molgas; a proba ciclista "Ourense Strade Termal", que reunirá en abril no Xurés a 500 deportistas; os campionatos de España de Remoergómetro e Remo de Larga Distancia, que terán lugar en Ribadavia e Castrelo de Miño neste mes de xaneiro; proba de resistencia deportiva "Gladiator Race", que se disputará en setembro na contorna do Complexo O Corgo de Muíños, e os campionatos de España de Baile Deportivo e o 1º Congreso Internacional de Baile, que terán lugar en Ourense no mes de xuño.

Ademais, no que atinxe a deporte de elite e alto rendemento, Manuel Baltar subliñou que a provincia de Ourense "continuará en 2018 sendo un referente internacional no ámbito do remo, coa previsión de contar no Centro de Adestramento de Remo de Laias co máis de 1.100 deportistas e 19.000 estancias".

"In tempore sueborum"

Sobre a exposición "In tempore sueborum" Manuel Baltar anunciou que "dado o éxito de público prorrogarase ata o mes de maio", sendo a mostra máis importante de Europa sobre o mundo suevo, que reúne por primeira vez o maior número de pezas deste período histórico. A exposición fai un percorrido polo tempo dos suevos na Gallaecia (411-585), amosando un total de 262 pezas procedentes de 39 museos de 10 países: España, Portugal, Austria, República Checa, Hungría, Eslovaquia, Polonia, Bélxica, Francia, Alemaña. 

"Nunca antes tivemos a oportunidade de contemplar tanta historia xunta e dun período histórico tan descoñecido ata o de agora", dixo o Manuel Baltar, quen estivo acompañado na presentación pola presidenta do Congreso, Ana Pastor. "Trátase dun percorrido polos tesouros arqueolóxicos máis incribles do pobo Suevo –que tivo en Ourense o primeiro reino medieval de occidente-, unha mostra que grazas ao labor do profesor Jorge López Quiroga e seu equipo e á colaboración dos máis importantes museos de Europa, podemos admirar a centímetros de distancia nos espazos expositivos de Ourense", salientou Baltar.

"Tres turísticos"

Finalmente, xunto á directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o presidente da Deputación de Ourense presentou os "Trens turísticos 2018", unha iniciativa que propón aos visitantes que se acheguen a Ourense sete rutas ferroviarias con percorridos específicos polo enoturismo, os mosteiros, a natureza e o termalismo. "Viaxes en tren para admirar a paisaxe, gozar do noso termalismo e coñecer a unha das provincias con máis denominacións de orixe vitivinícolas de España: Ourense", explicou Manuel Baltar.

Os sete percorridos son: "Tren da ruta do viño de Monterrei", "Tren das rutas dos viños do Ribeiro e das Rías Baixas", "tren da ruta do viño da Ribeira Sacra", "Tren das rutas dos viños Valdeorras-Ribeira Sacra", e como novidades en 2018 o "Tren da ruta dos mosteiros" (Santiago de Compostela-O Carballiño), o "Tren da ruta Ribeira Sacra do Miño" (Ourense-Monforte de Lemos), e o "Tren da ruta Ourense Termal".

"Xeodestino Carballiño-Ribeiro"


Tamén puiden asistir á presentación do xeodestino Carballiño-Ribeiro, que está integrado polos concellos de A Arnoia, Amoeiro, Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Maside, Melón, O Carballiño, O Irixo, Piñor, Pontedeva, Punxín, Ribadavia, San Amaro y San Cristovo de Cea.


Un acto ao que  interviron o presidente da mancomunidade turística do Carballiño-Ribeiro, Francisco Fernández; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o alcalde de  Ribadavia, Ignacio Gómez, e a concelleira de Boborás, Patricia Torres. Tamén a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira.

Falaron da gran oferta do seu patrimonio natural, termal, histórico-artístico e gastronómico, que son os principais alicientes do xeodestino.

"Camiño de Inverno a Compostela desde Ponferrada"

Non quero deixar de mencionar a visita que fixen acompañando ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo ao stand da cidade de Ponferrada onde tivemos a oportunidade de saudar á alcaldesa Gloria Fernández Merayo, e representantes políticos bercianos e coñecer a sua ampla e interesante oferta turística, patrimonial - especialmente o seu impresionante castelo dos Templarios- cultural e gastronómica, etc.  

Falamos con representantes dos municipios do "Camiño de Inverno a Santiago" que pasa polo Bierzo, atravesa ás Médulas, Patrimonio mundial da época romana, e que logo entra en Galicia, seguindo o curso natural do río Sil pola comarca ourensá de Valdeorras, logo polo sur da provincia de Lugo, e continúa pola comarca pontevedra do Deza ata chegar a Compostela.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta