A partir de onte pódense acoller á tarifa plana os novos
autónomos e quen non estivesen en alta como traballadores por conta propia nos
dous anos inmediatamente anteriores (tres anos para quen xa gozaron da redución
e queren volver beneficiarse).
Esta é outra das novidades que entrou en vigor o primeiro de ano, xa
que ata agora requiríase un mínimo de cinco anos.
No seu primeiro ano de aplicación, está previsto que a medida beneficie
a 140.500 traballadores autónomos, o que supoñerá un aforro na cotización dos
autónomos de 202,4 M€.
Outras novidades
Ademais da ampliación da tarifa plana, a Lei 6/2017, do 24 de outubro,
de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo recolle outras medidas que tamén se
fan efectivas co novo ano, unha vez publicada a Orde asinada pola ministra
Fátima Báñez e publicada no BOE o pasado sábado.
Modifícanse as recargaspor atraso nos pagos de cotizacións á Seguridade Social, que pasan do 20% ao 10% se se paga no primeiro mes natural seguinte. En materia de altas, baixas e cotización no Réxime de Autónomos, os traballadores autónomos poderán darse tres veces de alta e de baixa no mesmo ano.
Ademais, pagarán desde o día efectivo en que se dan de alta ou de baixa no RETA e non desde o primeiro día do mes en que se inicia dita actividade, como ocorría ata agora. Desde onte, os traballadores por conta propia poderán cambiar ata catro veces no mesmo ano a súa base de cotización de forma que poidan adecuar a cotización ás modificacións dos ingresos da actividade autónoma ao longo de cada exercicio. 1,3 millóns de autónomos beneficiados coa tarifa plana
A tarifa plana de 50 euros de cotización á Seguridade Social para novos autónomos beneficiou desde a súa posta en marcha a 1,3 millóns de traballadores por conta propia (1.306.986). As comunidades autónomas con máis beneficiarios son: Andalucía (244.319), Cataluña (218.793), a Comunidad de Madrid (181.211) e a Comunidade Valenciana (148.923).
A tarifa plana introduciuse no Real Decreto-Lei de apoio ao emprendedor e de estímulo ao crecemento e á creación de emprego que aprobou o Consello de Ministros o 22 de febreiro de 2013, dentro da Estratexia de Emprendemento e Emprego Novo 2013-2016. Posteriormente a Lei de Emprendedores ampliou o ámbito de aplicación da tarifa plana a todos os novos autónomos, con independencia da súa idade.
Así mesmo, os autónomos poderán manter a bonificación cando contraten a traballadores, como estableceu a Lei pola que se modifica e actualiza a normativa en materia de autoemprego e adóptanse medidas de fomento e promoción do traballo autónomo e da Economía Social.
O pasado outubro, o BOE publicou a nova Lei de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo que definiu un marco máis amplo de apoio ao emprendemento e algunhas de cuxas medidas, detalladas nesta nota, entraron en vigor no primeiro día de 2018.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta