No cuarto trimestre de 2017 a
poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.336.300 persoas, das cales
1.237.900 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53%.
Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos diminúe en 16.300
persoas e a taxa de actividade diminúe seis décimas con respecto ao terceiro
trimestre de 2017.
Con respecto
ao mesmo trimestre de 2016, o número de activos diminúe en 15.900 persoas e a
taxa de actividade diminúe catro décimas.
A ocupación diminúe en 16.700
persoas no cuarto trimestre de 2017 respecto á cifra do trimestre anterior e
sitúase en 1.055.800 persoas ocupadas. A taxa de ocupación diminúe 0,6% neste
trimestre, ata o 45,2%.
Nos últimos
doce meses o número de ocupados aumentou en 6.200 persoas, o que supón unha
suba do 0,6% en termos relativos.
Por sexo,
neste trimestre diminúe tanto a ocupación masculina como a feminina: o número
de ocupados varóns diminúe en 12.800 persoas respecto ao terceiro trimestre do
ano 2017 e a ocupación das mulleres diminúe en 4.000 persoas. En termos de
taxas, isto tradúcese nunha diminución da taxa de ocupación masculina de 1
punto e dúas décimas na feminina.
Con respecto
ao cuarto trimestre do ano 2016, o número de homes ocupados diminúe en 2.500
persoas (un 0,5%), mentres que o de mulleres ocupadas aumenta nun 1,7%.
Atendendo aos sectores de actividade
económica (segundo a CNAE 2009), o número de ocupados neste trimestre diminúe
en todos os sectores. A maior diminución dáse nos servizos, onde a cifra
diminúe en 8.700 persoas con respecto ao trimestre pasado e sitúase en 743.500
persoas. Na agricultura e pesca diminúe en 5.000 persoas; na industria diminúe
en 2.200 persoas e na construción diminúe en 800 persoas neste trimestre.
Con respecto
ao mesmo trimestre de 2016, a ocupación diminúe na agricultura e pesca un 5,3%
e na construción un 6,4%; pola contra, na industria aumenta un 4,7% e nos
servizos un 1%.
En Galicia había 838.900 asalariados
no cuarto trimestre de 2017, 614.200 con contrato indefinido e os 224.600
restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse
4.800 asalariados máis con contrato indefinido, o que supón un incremento de
0,8 puntos en termos relativos. O número de asalariados suxeitos a un contrato
temporal diminúe en 13.900 persoas (o que supón, en termos relativos, unha
diminución do 5,8% con respecto ao terceiro trimestre de 2017). No que respecta
á variación interanual, os asalariados con contrato indefinido incrementáronse
un 1,5% e os asalariados con contrato temporal un 2,1%.
A taxa de
temporalidade, calculada como a porcentaxe de asalariados con contrato temporal
sobre o total de asalariados, diminúe 1,3 puntos neste trimestre, ata situarse
no 26,8%.
No cuarto trimestre de 2017 en Galicia había 182.100
persoas en paro, 400 máis que no trimestre anterior. A taxa de paro aumenta 0,2
puntos e sitúase en 14,7%.
Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2016, o número de
parados e paradas diminúe en 22.100 persoas (un 10,8%) e a taxa de paro 1,6
puntos.
Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, aumenta o
paro masculino e diminúe o feminino: o número total de homes parados sitúase en
91.700 persoas (5.500 máis que hai tres meses) e o de mulleres é de 90.500
persoas (5.100 mulleres menos en paro). A taxa de paro masculina aumenta 1
punto e a feminina diminúe 0,6 puntos, situándose a primeira no 14,2% e a
segunda no 15,2%.
No tocante á variación interanual, o número de parados
entre o sexo masculino diminúe en 11.000 persoas (un 10,7% menos), e o volume
de paradas en 11.000 persoas (un 10,8% menos que hai un ano).
No cuarto trimestre de 2017, o número de fogares nos que
todos os seus membros activos están en paro aumenta en 4.400 unidades e sitúase
en 66.100. Respecto ao cuarto trimestre de 2016, esta tipoloxía de fogares
diminúe un 5%.
Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus
membros activos son ocupados diminúe en 700 unidades. O número de fogares nesta
situación é de 583.500. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai
12.800 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 2,2% en termos
relativos.
Dos 320.000 mozos galegos de entre
16 e 29 anos, 117.500 (o 36,7%) están ocupados, 42.000 (o 13,1%) parados e os
160.400 (o 50,1%) restantes son inactivos.
A taxa de
ocupación deste colectivo sitúase no 36,7% no cuarto trimestre de 2017. Con
respecto ao trimestre anterior diminúe 3,4 puntos e con respecto ao mesmo
trimestre do ano 2016 diminúe 0,5 puntos.
A taxa de
paro xuvenil sitúase no 26,3% neste trimestre; aumenta 1,3 puntos respecto ao
trimestre anterior. En comparación co cuarto trimestre de 2016 diminuíu 0,2
puntos.
A taxa de
temporalidade para o colectivo dos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos sitúase
no 61,4%.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta