Esta mañá coñecemos os datos de paro rexistrado a finais de 2017 nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego. Estos son os datos:
OURENSE:
Baixa notablemente o paro rexistrado en decembro en relación co mes anterior en 471 persoas, un - 2,31 %.
A nivel interanual, isto é, con respecto a decembro do ano pasado, 2.790 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 12,28 %.
O número de parados queda en 19.930, deles 8.937 son homes e 10.993 mulleres, 21.573 son maiores de 25 anos e 1.147 menores.
Por sectores: 1.110 son da agricultura, 2.544 da industria, 1.954 da construción, 12.379 dos servizos e 1.943 do colectivo sen emprego anterior.
En decembro de 2011 (data de chegada do PP ao Goberno) a provincia de Ourense tiña 28.217 parados rexistrados, de modo que en seis anos tivemos un descenso de desempregados de 8.287 persoas.
GALICIA:
Baixa o paro rexistrado en decembro en relación co mes anterior en 2.162 persoas, un - 1,16 %. Galicia logra diminuír o desemprego nun mes de decembro (con respecto ao mes anterior) por primeira vez en toda a serie histórica (desde 1996). O paro baixa nas catro provincias e nas sete grandes cidade e baixa nas mulleres (-2,90%).
A nivel interanual, isto é, con respecto a decembro do ano pasado, 20.901 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 10,15 %, a maior caída internanual, en termos relativos, das últimas dúas décadas, desde 1998:
- situándonos por debaixo dos datos de hai 9 anos (decembro 2008, ano que marcou o inicio da crise económica en Galicia)
- encadeando cinco anos consecutivos de caídas interanuais: 1 de cada 3 persoas abandonaron as listas do paro neste período, é dicir, temos preto de 94.000 parados menos (-93.774 parados menos (-33,64%) desde decembro 2012.
- e superando en 2 máis de dous puntos ao conxunto do Estado (Galicia -10,15% // España -7,84%) o que nos sitúa como a 4ª comunidade que máis baixa en termos relativos.

O número de parados queda en 185.013, deles 81.498 son homes e 103.515 mulleres, 176.303 son maiores de 25 anos e 8.710 menores.
Por sectores: 6.692 son da agricultura, 21.944 da industria, 18.140 da construción, 122.436 dos servizos e 15.501 do colectivo sen emprego anterior.
España
O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou en decembro en 61.500 persoas en relación co mes anterior (-1,77%). Nos últimos 8 anos o paro aumentara de media en 40.922 persoas.
Desta forma, a cifra total de parados rexistrados sitúase en 3.412.781 persoas e sitúase no nivel máis baixo dos últimos 8 anos nun mes de decembro.
Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado diminúe en Servizos 51.280 (-2,14%), en Agricultura e Pesca. Increméntase en Construción en 10.532 (3,47%), e en Industria en 2.729 (0,90%). Por último no colectivo sen Emprego Anterior redúcese en 14.667 (-4,78%).
Respecto de decembro de 2016 o desemprego reduciuse en 290.193 persoas, o que sitúa o ritmo de redución interanual do paro no 7,84%. Desde os máximos
O paro rexistrado baixa en 15 comunidades autónomas, encabezadas por Andalucía (-26.378), Madrid (-7.613) e Comunidade Valenciana (-5.985). Sobe, en cambio, en duas: Navarra (511) e A Rioxa (230).
Récord de contratación indefinida
En termos acumulados realizáronse 1.929.250 contratos indefinidos no conxunto de 2017, o maior dato da última década. Supón un incremento de 215.988 (12,61%) en relación ao ano 2016. A contratación indefinida a tempo completa é a modalidade que máis crece, cun incremento do 14,42%. Pola súa banda, a contratación temporal creceu un 7,1%.
A contratación indefinida dos menores de 25 anos, creceu un 20,1% ao longo do ano 2017.
Só no mes de decembro contabilizáronse 131.067 contratos de carácter indefinido, o que supón un incremento interanual do 7,2% sobre igual mes do ano anterior. Pola contra, a contratación temporal caeu un 3,7% interanual no pasado mes.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta