Onte
presenciei en Fitur ao acto de firma da prórroga do acordo de colaboración,
subscrito polo ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, o presidente de Renfe, Juan
Alfaro, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, para
fomentar conxuntamente o uso do tren como medio de transporte e a promoción da
provincia como destino termal, dado o bo resultado cultivado nas edicións
precedentes.
O convenio, que estará vixente ata o 31 de decembro de 2018,
pretende apostar un ano máis pola colaboración entre ambas as institucións que
veñen traballando de forma conxunta para promocionar a cidade de Ourense como
destino termal.
Na presente prórroga contémplase asegurar o traslado dos
visitantes desde a estación de tren de Ourense ao Balneario correspondente, así
como promocionar o ferrocarril como medio de transporte na actividade de
Termalismo Saudable e Cultura Termal “Ourense, A Provincia Termal” e informar
aos interesados dos descontos ofrecidos por Renfe.
Os usuarios poderanse
acoller este ano de novo aos descontos que se manteñen por parte de Renfe e que
desexen gozar da cultura saudable desta forma de viaxar. Renfe Viaxeiros ofrece
unha tarifa especial chamada “Ourense Termal” que consiste en descontos do 50%
nos billetes dos trens de Longa Distancia que chegan a Ourense.
Celebro a prórroga deste convenio de colaboración de
Termalismo Social que ten como obxectivo
ofertar servizos de saúde, benestar e envellecemento activo a través do
termalismo social baseado nas propiedades terapéuticas das augas
mineiro-medicinais, nos servizos médicos asociados e nas actividades
socio-culturais que se prestan nas instalacións termais da provincia de
Ourense.
Este acordo posibilita
que os interesados neste programa se poidan achegar á provincia de Ourense
desde máis de 40 estacións de ferrocarril de toda España, xa que o billete de
tren está contemplado no propio programa. Este é o primeiro ano que as
estancias –de 6 días, tren incluído- comezan este mes de xaneiro e durarán ata
decembro deste ano.
Pódese
obter máis información en http://www.termalismourense.com/tren-balnearios.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta