Recibimos hoxe, a moi boa noticia de
que a aposta de Galicia pola excelencia
vén de ser recoñecida coa primeira posición a nivel nacional na clasificación
das Q de Calidade Turística, distincións concedidas polo Instituto para a
Calidade Turística de España. Tras ser segunda durante o 2017, a nosa
Comunidade supera a Andalucía ao remate do ano despois de que 27 novos
establecementos e servizos se teñan incorporados nestes meses.
A marca de garantía Q Calidade Turística é unha marca española de recoñecido prestixio dirixida á certificación voluntaria de servizos turísticos. Unha organización turística obtén a Q de Calidade Turística cando evidencia o cumprimento dos requisitos técnicos que a súa norma correspondente dita. A organización debe implementar un sistema de xestión orientado ao servizo do cliente e en mellora continua.
A marca de garantía Q Calidade Turística é unha marca española de recoñecido prestixio dirixida á certificación voluntaria de servizos turísticos. Unha organización turística obtén a Q de Calidade Turística cando evidencia o cumprimento dos requisitos técnicos que a súa norma correspondente dita. A organización debe implementar un sistema de xestión orientado ao servizo do cliente e en mellora continua.
Con 273 recoñecementos Q de Calidade
Turística, o liderado de Galicia é especialmente salientable en varios eidos
considerados fundamentais na Estratexia do turismo de Galicia 2020, o documento
que marca as políticas públicas neste ámbito e en cuxa elaboración se implicou
tanto o sector como a sociedade galega en xeral.
Este liderado dáse en ámbitos
como as instalacións náutico deportivas, as casas de turismo rural, o turismo
industrial e o turismo activo, os balnearios e os hoteis. Isto consolida un
destino que se distingue polo seu compromiso coa mellora constante e a posta en
valor dos seus recursos diferenciadores.
En concreto, seis de cada dez
instalacións náutico deportivas con Q de Calidade en España están en Galicia,
un 63,6%. No turismo rural, a metade dos establecementos de hospedaxe que
ostentarán en 2018 este recoñecemento son galegos, un 47%. O mesmo sucede cos
servizos e infraestruturas de turismo industrial (46%), do turismo activo
(37,5%) e cos balnearios (23%). Case o 20% dos hoteis con Q de Calidade
seguirán estando en Galicia este ano, en concreto 71 dos 393 repartidos por
España, unha garantía para os viaxeiros.
Outros ámbitos onde a nosa Comunidade sobresae
son as axencias de viaxes e os servicios de restauración. Neste último Galicia
gaña 11 certificacións e ocupa o segundo posto.
Estes novos datos amosan, unha vez máis,
o compromiso do sector turístico galego en dúas direccións: a consolidación dun
destino cada vez máis competitivo, onde se prima a calidade sobre a cantidade;
e o interese por ofrecer aos viaxeiros o mellor servizo posible como parte da
vontade dos galegos por brindar sempre a mellor acollida aos que nos visitan.
Moitos parbéns á Directora de Turismo de
Galicia, Nava Castro que está a executar con gran eficacia á Estratexia do turismo de Galicia 2020, a folla de
ruta aprobada en 2017 e dotada con 240 millóns de euros, que ten tres piares
fundamentais para fortalecer Galicia como destino: a calidade, a
sustentabilidade e a tranquilidade.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta