miércoles, 3 de enero de 2018

Licitada a supresión de 36 pasos a nivel na liña de ancho convencional Ourense-Monforte-Lugo

Informaba onte Adif que licitou por importe de 2.845.530,1 euros (IVE incluído), a redacción dos proxectos de supresión de 36 pasos a nivel na liña de ancho convencional Ourense-Monforte-Lugo.
O traballo para desenvolver parte da necesidade de suprimir os pasos a nivel existentes neste traxecto, de forma que sexa posible unha mellora substancial dos parámetros tanto de seguridade como de confort e tempos de viaxe. 

As actuacións para realizar están asociadas ás condicións e futuros parámetros de explotación que se expoñen para o traxecto Ourense-Monforte de Lemos- Lugo, establecidos polos estudos desenvolvidos para a implantación da nova rede ferroviaria de Galicia, e terán en conta tanto a actual xeometría do trazado da liña como a existencia de determinados elementos situados no traxecto indicado.

Neste contexto, é preciso dispoñer dos proxectos construtivos que integren toda a información necesaria para levar a cabo as obras de supresión de cada un dos 36 pasos a nivel que, situados en diferentes puntos do traxecto Ourense-Monforte-Lugo.



Deste xeito cúmprese o compromiso do Ministerio de Fomento de executar actuacións de mellora do trazado existente entre Ourense e Lugo.

Sen dubida moi boa noticia para unha liña que necesita urxentes melloras.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta