miércoles, 24 de enero de 2018

No faladoiro de Radio Voz

Interveño á primeira hora de hoxe no programa Voces de Galicia de Radio Voz, que moderou Evá Millán e compartindo micrófono con Pablo Mosquera.

Falamos en primeiro lugar da da reforma da Lei de saúde que ao meu xuizo blinda a existencia dos hospitais comarcais coa creación de 14 distritos sanitarios, de tal xeito que ningún goberno poderá diminuír ou eliminar un hospital comarcal en Galicia se non é por lei e por autorización parlamentaria.
Dixen que os hospitais comarcais, por exemplo como o de O Barco de Valdeorras, e Verín, terán máis investimentos e mellorarán os seus servizos que serán cada vez máis próximos á poboación.
Dixen que as sete áreas sanitarias desenvolverán a función que facían as estruturas de xestión integrada e os distritos porán en valor os hospitais comarcais.
Afirmei a confianza no conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña e na estrutura organizativa do SERGAS que ademáis escoita aos profesionais e traballadores do ámbito sanitario. Por suposto en Feijóo que coñece perfectamente a xestión da Sanidade que é o servizo público que máis incide nas persoas.
Despois falamos da reunión que onte tivo lugar en Madrid na que a Xunta e o Ministerio de Fomento acordaron iniciar os trámites para a liberación da peaxe da Ap-9 entre Vigo e Redondela. Dixen que agora tocará analizar en detalle o alcance económico da medida e abordar coa sociedade concesionaria da autoestrada a súa estruturación. Recoñecín o bo facer do traballo da conselelira de infraestruturas Ethel Vázquez.
Valorei ademais, que o Ministerio de Fomento ratificase o compromiso adquirido co Goberno galego de establecer un cambio en relación coas obras da AP-9 para que, no futuro, todas as obras de ampliación e mellora pendentes que se realicen na autoestrada se financien con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado e non mediante novos incrementos de peaxe aos usuarios. Unha acertada petición que leva liderando desde hai moito tempo o presidente Feijóo.

Finalmente a moderadora propuso que falaramos do tema do control que o Ministerio de Facenda quere facer das criptomoedas e a súa utilización como medio de pago de actividades ilícitas e favorecedoras da economía mergullada. A miña valoración foi positiva e que consideraba normal que o Plan de Control Tributario e Aduaneiro para 2018 da Axencia Tributaria, ocupásese das moedas máis populares como os bitcoins, en garantía do Fisco e dos propios usuarios destas moedas.

Estamos ante instrumentos especulativos e cuxo uso como medio de pago, aínda que aínda moi limitado que poden provocar problemas á estabilidade financeira pola alza do seu valor no mercado.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta