Interveño á primeira hora de hoxe no
programa Voces de Galicia de Radio Voz, que moderou Evá
Millán e compartindo micrófono con Pablo Mosquera.
Falamos en primeiro lugar dos problemas das urxencias hospitalarias derivadas fundamentalmente das complicacións derivadas da intensa actividade gripal.
Dixen que este problema é común a prácticamente todos os servizos de
saúde automómicos, e que estaba convencido que o Servizo Galego
de Saúde escoita as suxerencias dos médicos de urxencias e que os xerentes dos
Complexos Hospitalarios están adoptando as actuacións necesarias para atender
as incidencias que afectan de modo máis serio á poboación de máis idade.
Falamos tamén das nevadas do
pasado fin de semana na autopista AP-6 . Dixen que en fechas próximas o ministro De la Serna comparecerá na Comisión de Fomento para informar sobre o ocorrido e
sobre as responsabilidades a esixir.
Neste sentido lembrei que está en curso un expediente informativo aberto o pasado 7
de xaneiro á concesionaria, para determinar si existen motivos para a apertura
dun expediente de penalizacións en virtude do establecido na Lei de Autopistas.
Engadín que o Ministerio de Fomento iniciou
unha valoración dos gastos incurridos pola Administración General do Estado
(Ministerio de Interior e Defensa, principalmente) derivados das medidas de emerxencia adoptadas
para facer fronte á situación ocasionada polo colapso de vehículos na AP-6.