O turismo español bateu en 2017 o seu récord de visitantes internacionais coa chegada de 82 millóns de turistas
Onte coñecemos que o turismo español bateu en
2017 o seu récord de visitantes internacionais coa chegada de 82 millóns de
turistas, o que supón un incremento do 8,9% respecto ao 2016, segundo a
estimación de peche do ano elaborada sobre a información de Turespaña e as
estatísticas que achegan as enquisas FRONTUR e EGATUR do Instituto Nacional de Estatística (INE).
Con estes datos, España superaría por primeira vez a Estados Unidos e alcanzaría a segunda posición en número de chegada de turistas, só por detrás de Francia.
O gasto total realizado polos turistas que visitaron España ascendeu a 87.000 millóns de euros, cifra tamén récord, e que representa un incremento do 12,4% respecto ao ano anterior.
Igualmente, o gasto medio por turista experimentou en 2017 un crecemento do 3,1% e chegou aos 1.061 euros por persoa. Así mesmo, o gasto medio diario alcanzou os 137 euros cun incremento do 4,4% respecto de 2016.