Salientar como unha moi boa nova os avances no proxecto de
innivación artificial que se está a levar a cabo na Estación de Montaña de
Cabeza de Manzaneda
Hoxe foron comprobados polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, pola
directora de Turismo de Galicia, Nava Castro acompañados polo director de Oca Nova
Manzaneda, Gustavo Sanmartín.
Asistiron á posta en funcionamento dos
primeiros canóns de innovación, tecnoloxía aplicada á produción de neve que é
consecuencia da aposta pola modernización de equipamentos realizada polo Consello
de Administración da sociedade titular desta estación, Manzaneda Estación de
Inverno SA (MEISA), na que a Xunta de Galicia e a Deputación forman parte do
accionariado
O obxectivo desta actuación é asegurar as
condicións de neve a finais de decembro e alongar a tempada ata abril, nunha
estación que, a día de hoxe, conta cun volume de esquiadores que supera os
28.000 ao ano, cifra que se prevé incrementar con esta medida. Para acadalo,
estase a traballar na posta en marcha deste sistema de xeración artificial de
neve que fortalecerá o papel desta estación como un dos maiores recursos de
Galicia no eido do turismo activo durante todo o ano, afondando así no
obxectivo de desestacionalización que persegue o modelo turístico galego, con
propostas atractivas tamén fóra de tempada alta.
Unha vez rematado o proceso de instalación dos innivadores, permitirán
incrementar a presenza de neve nas súas pistas centrais, así como na zona de
debutantes, para que diminúa a dependencia da precipitación natural. Tamén
farán posible mellorar a calidade de neve e mesmo aumentar a oferta nesta
estación, con actividades como o esquí nocturno.
Suporá a posta en valor deste complexo
que conta, ademais, con instalacións para a práctica doutras disciplinas
deportivas, zona infantil de xogos, zona multideporte para nenos, rocódromo,
tiro con arco e mesmo paint ball.
O presidente do goberno provincial
considerou que o sistema de innivación “suporá un antes e un despois na
estación de montaña de Cabeza de Manzaneda, unha infraestrutura deportiva na
que se traballa tamén pola desestacionalización para diversificar a súa oferta
de ocio e natureza, ademais de nos meses de inverno, ao longo de todo o ano”.
Baltar considera que a “firme aposta da Deputación de Ourense, da man da Xunta
de Galicia, por modernizar esta infraestrutura, singular no noroeste da
Península Ibérica contribuirá a atraer maior competitividade para Manzaneda,
Trives e toda esta contorna da provincia, favorecendo un tipo de turismo de
calidade ao redor da natureza e o deporte”.
Destacar que a Estación de Manzaneda é a única estación de
montaña e esquí de Galicia e constitúe un recurso con enorme potencialidade que
está contribuíndo a afianzar o posicionamento de Galicia como destino turístico
diferencial.
Impulsarase o seu papel
fóra de tempada alta, un dos obxectivos marcados na Estratexia do turismo de
Galicia 2020, o documento consensuado co sector que fixa as liñas de traballo
cara ao Xacobeo 2021 e que consolida o papel de Galicia como destino atractivo,
de calidade, responsable e comprometido.
http://ocahotels.com/hoteles/espana/ourense/pobra-de-trives/oca-manzaneda/#
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta