viernes, 19 de enero de 2018

Na presentación de Termatalia Brasil 2018


Termatalia comezou en FITUR a promoción en Europa da súa terceira edición en América Latina. Terá lugar en Foz do Iguaçu , Estado de Paraná, Brasil, entre o 19 e o 21 de setembro de 2018 baixo o lema “A enerxía das augas” e supoñerá novas oportunidades de negocio para as empresas de España e Galicia, así como dos demais países participantes.


Asistín á presentación que contou coa presenza da Secretaria de Estado de Turismo, Matilde Asián ; do viceministro de Turismo de Brasil, Alberto Alves; da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; do presidente de ANBAL e do ICTE e de Membros Afiliados da OMT, Miguel Mirones ; do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e do secretario de Turismo de Foz do Iguaçu Gilmar Piolla.

A secretaria de Estado de Turismo fixo referencia ao bo momento que vive o turismo en Galicia e indicou que “ Termatalia é un proxecto estreitamente vinculado á calidade e a excelencia turística”. Pola súa banda, o presidente de Balnearios de España, Miguel Mirones , indicou que “esta feira é necesaria porque tamén representa aos empresarios do sector termal e axudounos a internacionalizarnos ”.

A 18ª edición desta cita celebrarase entre os días 19 e 21 de setembro de 2018 e convocará a profesionais de máis de 25 países. Consolidado o seu papel de ponte termal entre Europa e América Latina, Termatalia dá un paso máis e amplía o seu radio de acción incorporando os mercados de Oriente Próximo e Asia Pacífico. Isto supón unha rede de 26 delegacións en 54 países de 4 continentes, o que contribúe a xerar novas oportunidades entre os axentes integrados na rede estratéxica de Termatalia, que é altamente especializada neste nicho de mercado.

Promoción internacional

Para sumar expositores e profesionais, Termatalia arrinca en FITUR unha intensa campaña de promoción internacional que a levará nos próximos meses estará presente nos principais foros mundiais de turismo e termalismo como a ITB de Berlín, a HTI Conference de Croacia, a BTL de Lisboa ou o Congreso Anual da Asociación Europea de Balnearios, ademais de accións promocionais e académicas en países de América Latina.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta