Viaxo está mañá a Santiago
para asistir á Xunta Directiva do Partido Popular de
Galicia deste 2018, na que o presidente Alberto Núñez
Feijóo, sinalou que “despois de 30 anos gobernando esta terra, O PPdeG ten
moito máis futuro que pasado”. Neste mesmo sentido, convidou aos seus
compañeiros a mostrárense “ilusionados por todo o que queda por facer” en
materia de economía e mellora dos servizos públicos, así como por “dar resposta
ás inquedanzas dos galegos”.
“A RENOVACIÓN POLÍTICA EN
GALICIA É O PPDEG”
O líder dos populares
reivindicou que o espazo político que ocupa o PPdeG “non é simplemente o
centro, a esquerda ou a dereita; o nacionalismo ou o constitucionalismo. O
espazo político do Partido Popular de Galicia é Galicia, sen excepcións”, un
feito que explica que as demais formacións non sexan quen de acadar o seu
propio lugar, xa que os populares “servimos a toda Galicia”.
Nun sentido similar,
apuntou que a organización “renovouse hai 12 anos e nunca deixou de facelo”,
para expoñer que “o auténtico cambio consiste en adaptar unha proposta política
á evolución da sociedade, corrixindo os erros e abundando nos acertos”, así
como en abrir as portas do partido a aqueles que estean dispostos a sumar.
“Galicia evoluciona e o PPdeG debe seguir amoldándose a ela, porque esa será a
clave para conseguir novos éxitos”, sentenciou.
O “FRACASO” DA
OPOSICIÓN
Logo de lembrar que “a
historia do Partido Popular está chea de momentos nos que fixemos posible o
imposible”, e de facer un repaso dos triunfos recentes da formación, Feijóo
explicou que “as vitorias deste partido non son casuais, como tampouco o é o
fracaso dos outros, nin a súa constante desorientación e inestabilidade”
Neste mesmo sentido,
desbotou a idea de que os 17 líderes que tivo a oposición nestes anos non
tivesen virtudes, e apuntou que “non é sinxelo” facer oposición a un partido
que sente Galicia como o fan tamén a maioría das galegas e galegos,
que estivo e está ao carón deles nos momentos máis difíciles e traballa cada
día polo progreso da nosa Comunidade.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta