jueves, 15 de febrero de 2018

A Xunta habilita crédito necesario para licitar as obras da estación intermodal de Ourense


Da actualidade política de hoxe, cabe salientar o feito de que presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou que esta mañá o Consello da Xunta habilitou o crédito necesario para licitar as obras da estación intermodal de Ourense.

Segundo Feijóo, as obras serán licitadas este mes de febreiro e iniciaranse este ano.
O máximo responsable autonómico indicou que na primeira fase de obra executarase a terminal de autobuses e o aparcadoiro subterráneo por un investimento autonómico, xunto coas expropiacións, de algo máis de 9 millóns de euros.
No que atinxe ao aparcadoiro subterráneo, que executará o Adif en cofinanciación coa Xunta, habilitaranse 300 prazas de aparcamento que darán servizo tanto á estación de autobuses como á estación do ferrocarril e vai permitir. Este aparcadoiro subterráneo permitirá unha contorna máis confortable.
Con respecto a isto, Feijóo fixo fincapé en que a Xunta pode dar xa por finalizada as súas tramitacións, despois de facer uso da Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese para sacar adiante o proxecto da estación intermodal, xa que non estaba recollido nas normas urbanísticas que están en vigor no Concello de Ourense.
Tras o remate da primeira fase, comezará a segunda, a cargo do Ministerio de Fomento, que inclúe a adaptación da estación de ferrocarril e diversas actuacións para mellorar a integración urbana, como a comunicación entre os barrios a ambos lados da vía: o da Ponte e o Vinteún.
Parabéns ao alcalde Jesús Vázquez e a Conselleira Ethel Vázquez, que tanto traballaron para acadar este obxectivo.