domingo, 25 de febrero de 2018

Mariano Rajoy: “convén non esquecer de onde vimos, para valorar mellor onde estamos”

Onte durante a clausura en Zaragoza da Convención Nacional Familia, Conciliación e Corresponsabilidade, o presidente do PP, Mariano Rajoy explicou que “convén non esquecer de onde vimos, para valorar mellor onde estamos”. “Agora enfrontámonos a unha mestura letal para o noso país: ao socialismo únese o populismo, nas súas distintas versións. 

E, cando non se xuntan con iso que chaman a nova política, e que, en realidade, é o  tacticismo e o oportunismo de toda a vida. Porque non foron capaces de acreditar nada”, advertiu.

Rajoy lembrou que “superamos a peor crise da nosa historia recente. A peor. Foron anos  durisimos: 5 anos de recesión nos que perdemos a décima parte da riqueza española, máis de 3,5 millóns de empregos e 70.000 millóns de euros de recadación. Cando chegamos ao Goberno, a finais de 2011, no medio da maior crítica que viviu España en décadas, provocado pola irresponsabilidade e as malas políticas daqueles que prometían o ouro e o mouro, viamos como cada día 1.500 traballadores perdían o seu emprego. Hoxe, en cambio, 1.700 parados atopan traballo cada día”.

O MOMENTO DO PACTO POLA CONCILIACIÓN

Na súa intervención, Mariano Rajoy dixo que “é un bo momento para acordar e asinar un Pacto pola Conciliación e a Racionalización de Horarios” e destacou que é partidario de que “a xornada laboral en España, con carácter xeral, acabe ás 6 da tarde, como sucede en moitos países da nosa contorna”. “E tamén creo que é necesario implantar e seguir impulsando mecanismos de  flexibilización da xornada laboral, co teletraballo e a creación dunha bolsa de horas para xestionar asuntos propios. Esas e outras cuestións forman parte do diálogo cos axentes sociais que nos gustaría que cristalizasen nun Plan integral de Conciliación. Pero isto non se pode impoñer desde o Goberno. Debémolo acordar entre todos”.

Sobre esta cuestión, explicou que “xa hai en España máis mulleres traballando que nunca” e que as mulleres “tamén foron protagonistas da recuperación”. Neste sentido, manifestou que “a brecha salarial está en mínimos históricos”, de acordo coas estatísticas de  Eurostat, que mostran como desde 2012 a brecha en España reduciuse en case 4 puntos e está por baixo da media dos países da UE e de Alemaña, Holanda Francia ou Dinamarca.

O presidente insistiu en que o PP ten un “un proxecto de futuro para España onde todos teñan máis oportunidades e benestar e no que ninguén quede atrás”. “Se hai unha institución social que sempre se ocupa de todos, esa institución é a familia. É a institución máis antiga e a máis actual. A máis flexible e a máis sólida. A que máis capacidade ten para adaptarse aos cambios. A familia é o corazón e o fundamento da nosa sociedade. É a que cada un forma, como cada un elixe. Cos que máis queremos, por quen loito e con quen estou máis a gusto”.

FINANCIAMENTO AUTONÓMICO, DISPERSIÓN E DESPOBOAMENTO

Mariano Rajoy subliñou que “é necesario aprobar un novo modelo de financiamento autonómico e que o novo modelo terá en conta aspectos tan importantes para Aragón e para outras CCAA, como o despoboamento e a dispersión”. “Ao Partido Popular impórtanos o mundo rural. Convén que algúns empecen a decatarse de que o despoboamento se está convertendo nun tema capital no noso país. Imos poñer este asunto na axenda nacional. E o primeiro que está a propoñer solucións e que o levará ao modelo de financiamento é o PP. Espero que os outros tamén nos acompañen nesta proposta”, solicitou.

Ademais, lembrou as cifras do récord de exportacións que se bateron durante 2017, e onde o sector agroalimentario tivo un papel especialmente relevante. “O  sector agroalimentario español está a converterse no segundo sector exportador no noso país. Ten unha enorme importancia para a sustentabilidade ambiental, que é fundamental. Para que isto siga así é fundamental que sigan chegando eses fondos comunitarios tan necesarios para o desenvolvemento rural e para o futuro de moitas familias”.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta