O Aeroporto de A Coruña rexistrou en xaneiro de 2018 un total de 83.794 pasaxeiros, un 9,5% máis que no mesmo mes do ano anterior. Destes viaxeiros, 82.915 utilizaron voos comerciais (un 9,1% máis), 72.863 en traxectos nacionais e 10.052 en traxectos internacionais.
En canto ás operacións, en Alvedro rexistráronse 1.142 voos (un 1,9% máis que en xaneiro de 2017), dos cales 789 foron voos comerciais. Destes movementos, 666 foron operacións nacionais e 123 internacionais.
O tráfico de mercadorías moveu na terminal coruñesa máis de 12 toneladas durante o primeiro mes do ano.
En canto ás operacións, en Peinador rexistráronse, ao longo do primeiro mes do ano, 824 voos (un 1,4% máis), dos cales 686 foron voos comerciais. Destes, 605 movementos foron operacións nacionais e 81 internacionais.
Pola terminal de carga do aeroporto pasaron, durante o pasado mes, preto de 40 toneladas de mercadoría.
O Aeroporto de Santiago rexistrou en xaneiro de 2018 un total de 177.018 pasaxeiros, un 11,4% máis que no mesmo mes do ano anterior. Do total de pasaxeiros comerciais (177.006), 146.796 realizaron voos nacionais (un 9,7% máis) e 30.210 internacionais (un 22,7% máis).
En canto ás operacións, en Lavacolla rexistráronse 1.467 voos en xaneiro de 2018 (un aumento do 3,2%). Destes, 1.428 foron voos comerciais (un 7,1% máis), correspondendo 1.172 a voos nacionais e 256 a internacionais.
Ademais, a terminal de carga manexou durante o pasado mes máis de 260 toneladas de mercadoría, un crecemento do 46,9% neste tipo de tráfico.
Estamos diante duns excelentes datos que presaxian que a final de ano poderian superarse as cifras acadadas no pasado ano.
Lembremos que ao remate de 2017 o tráfico dos tres aeroportos galegos chegou a 4.851.762 pasaxeiros.
Estamos diante duns excelentes datos que presaxian que a final de ano poderian superarse as cifras acadadas no pasado ano.
Lembremos que ao remate de 2017 o tráfico dos tres aeroportos galegos chegou a 4.851.762 pasaxeiros.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Recibirá resposta