miércoles, 28 de febrero de 2018

En 2017 os vehículos pesados españois transportaron 1.410 millóns de toneladas un 10% máis que no ano anterior


Hoxe coñecemos a Enquisa Permanente de Transporte de Mercadorías por Estrada do Ministerio de Fomento, que se realiza a través dunha enquisa permanente ao longo de todo o ano, mediante mil entrevistas semanais.

E así sabemos que os vehículos pesados españois transportaron 1.410 millóns de toneladas no últimos catro trimestres, o que supón un crecemento do 10% con respecto ao transportado nos catro anteriores. 

É o maior incremento anual desde o segundo trimestre de 2006.

No cuarto trimestre deste ano, os vehículos pesados españois transportaron 366 millóns de toneladas, un 11% máis que no mesmo período do ano anterior. Con este trimestre encadéanse 12 trimestres consecutivos de crecemento interanual e 4 anos de crecemento anual.

Por tipo de mercadoría, o transporte de materiais de construción rexistrou no cuarto trimestre un crecemento do 9% sobre o mesmo período do ano anterior, sendo o crecemento do últimos catro trimestres do 15%.

Tamén experimenta un forte crecemento o transporte de maquinaria e produtos manufacturados, un 10% sobre o mesmo trimestre do ano anterior e un 8% en termos anuais. 

O transporte internacional tamén rexistrou evolucións positivas cun incremento do 6% sobre o mesmo trimestre do ano anterior.

En Galicia as toneladas transportadas en 2017 con orixe e destino en Galicia ascendieron a 109.168. No año anterior foron 98.427.