lunes, 5 de febrero de 2018

Entrevista na Radio galega no programa dos "Almorzos de Galicia por Diante"

Intervin esta mañá no programa dos "Almorzos de Galicia por Diante" da Radio Galega. Un programa que comeza ás seis horas e que conta o que pasa en Galicia e todo o que ocorre no mundo dende unha perspectiva propia.

Fun entrevistado por Kiko Novoa, sobre diferentes temas realcionados con infraestruturas: alta velocidade, autoestrada AP-9, ferrocarril de vía estreita, etc.

Tamén sobre as enquisas electorais, os orzamentos xerais do Estado para 2018, as relacións galaico portuguesas e por suposto a situación de Catalunya.

Como cuestión de máxima actualidade fun preguntado pola manifestación de onte, en relación coa reforma da Lei de Saúde de Galicia.

Dixen que este proxecto pretende blindar os hospitais comarcais, e como exemplo falei do Hospital Comarcal de O Barco de Valdeorras. E que os manifestantes de onte, os mesmos, dicían no ano 2011 que sería pechado, pero a realidade é que co goberno do PP pasamos de tres especialidades desde o ano 2012 a ter dez na actualidade, cun incremento en consultas e evitando os desprazamentos a Ourense.

Interrogado sobre o funcionamento do CHUO en Ourense dixen que eu estaba satisfeito tanto pola actuación en novas infraestruturas: o novo bloque hospitalario de Ourense, os centros de saúde de O Couto e de Barbadás. Como polas cifras de asistencia sanitaria no pasado 2017, que foron recentemente difundidas, por exemplo que houbo 13 consultas por cada ourensán, un total de 3.446.180 consultas de atención primaria, 24.393 intervencións e un tempo medio de. días de espera cirurxica de 43,5 .

En finalmente o entrevistador pedíume opinión sobre a posible continuidade de Jesús Vázquez como candidato nas vindeiras eleccións a alcaldía de Ourense. Dixen de Jesús, que é un alcalde entregado aos vecinos, en pleno contacto con eles e destaquei o gran traballo que realiza nunha situación de minoría. E pos suposto que tería todo o meo apoio se finalmente é o candidato.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta