OURENSE:
un 2,28 %.
A nivel interanual, isto é, con
respecto a xaneiro do ano pasado, 3.121 persoas saíron en Ourense das listas do
paro, o que supón unha caída do desemprego do – 13,28 %.
O número de parados queda en
20.385, deles 9.035 son homes e 11.350 mulleres, 19.299 son maiores de 25 anos
e 1.086 menores.
Por sectores: 1.089 son da
agricultura, 2.546 da industria, 1.984 da construción, 12.839 dos
servizos e 1.927 do colectivo sen emprego anterior.
GALICIA:
Medra o paro rexistrado en xaneiro en relación co mes anterior en 4.873
persoas, un 2,63 %. No
mesmo mes de 2017, o paro tiña medrado en 6.164 (2,99 %).
O número de parados queda en 189.886 persoas. A nivel interanual, isto é, con
respecto a xaneiro do ano pasado, 22.192 persoas saíron en Galicia das listas
do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 10,46 %.
É a maior caída do desemprego na evolución anual de toda a serie histórica (desde 1996). As cifras sitúan a Galicia en niveis de hai 9 anos e, ademais, 1 de cada 3 parados abandonaron as listas do desemprego nos últimos 5 anos.
Con respecto ao Estado, Galicia é a terceira comunidade na que máis descendeu o desemprego, mantendo un diferencial con España superior en case tres puntos.
Non só se reduciu o paro, senón que tamén se creou máis emprego e de calidade.
Con respecto á estabilidade laboral, rexistráronse máis contratos indefinidos e a tempo completo tanto na evolución anual como con respecto ao mes pasado e cun ritmo de incremento maior que o do Estado. De feito en comparación con decembro de 2017, a contratación indefinida medrou en Galicia nun 41,86%, cuadriplicando o ritmo de subida da contratación temporal, e superando en case 10 puntos o aumento rexistrado no Estado (+31,96%).
Ademais, con respecto ao mes anterior, a contratación temporal e a tempo parcial diminuíu, un síntoma de que, demostra que o mercado de traballo galego segue recuperándose. En xeral, a contratación creceu na evolución anual nun 14,85%, rexistrando un maior incremento que o producido en España, que se situou no 7,12%.
O paro tamén baixou na evolución anual en todos os sectores, liderando o descenso a construción (-22,24%), seguido da agricultura e pesca (-13,81%), da industria (-13,52%) e dos servizos (-8,18%). Caeu, ademais, nos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego e prioritarios na Xunta como son os menores de 30 anos (-10,80%); as mulleres (-7,58%); e os parados de longa duración (-10,49%), cuxa redución significa que a metade dos desempregados que saíron do paro no último ano pertencían a este colectivo.
Tamén descendeu o desemprego nas sete grandes cidades e nas catro provincias (Lugo: -13,80%; Ourense: -13,28%; Pontevedra: -10,79%; e A Coruña: -8,46%).
España
O número de parados rexistrados nas oficinas
dos Servizos Públicos de Emprego subiu en xaneiro en 63.747 persoas en relación
co mes anterior. No últimos oito anos o incremento rexistrado máis ou menos foi
de 108.866 persoas.
En termos desestacionalizados o paro baixou en 24.161 persoas. Respecto de xaneiro de 2017 o paro reduciuse en 283.703 persoas, e o ritmo de redución interanual sitúase no 7,54%.
Desta forma, a cifra total de parados
rexistrados sitúase en 3.476.528, e mantense no seu nivel máis baixo dos
últimos 8 anos.
Durante os últimos 12 meses, o paro reduciuse
entre os mozos en 28.810 persoas, a un ritmo do 9,7%, máis de dous puntos por
encima da taxa de redución global.
O paro rexistrado diminúe en 2 comunidades
autónomas: Illes Balears (-650) e Canarias (-386). Sobe, en cambio, nos 15 restantes, e faio principalmente en Madrid (11.766), Andalucía 11.130) e a Comunidade Valenciana (9.134).
Por sectores económicos de procedencia dos
traballadores, o paro rexistrado redúcese en Construción en (5.154) e no
colectivo Sen Emprego Anterior en 6.759. Pola contra increméntase en Industria
(775), en Agricultura (2.417), e en Servizos (72.468).
A contratación indefinida a tempo completo
aumenta máis do 16%
O número de contratos rexistrados durante o mes de xaneiro foi 1.749.911, o que representa unha subida de 116.319 (7,12%) sobre o mesmo mes de 2017. É a cifra máis alta de contratacións rexistrada nun mes de xaneiro de toda a serie histórica.
O número de contratos rexistrados durante o mes de xaneiro foi 1.749.911, o que representa unha subida de 116.319 (7,12%) sobre o mesmo mes de 2017. É a cifra máis alta de contratacións rexistrada nun mes de xaneiro de toda a serie histórica.
En canto
á contratación indefinida no mes de xaneiro rexistráronse 172.953 contratos
desta modalidade, o que supón un incremento de 22.791 (15,18%) sobre igual mes
do ano 2017. A contratación indefinida representa case o 9,9 de todos os
contratos.
Destaca a contratación indefinida a tempo
completo, que rexistrou unha subida do 16,25% respecto ao mes de xaneiro de
2017, máis do dobre do incremento da contratación temporal, que foi de 6,3%. A
contratación indefinida entre os menores de 25 anos creceu ao 20,9% en xaneiro
de 2018, comparado co ano anterior.
A
contratación estable encadea xa 48 meses de aumento ininterrompido, é dicir,
catro anos consecutivos de incremento continuado, o seu período máis longo
acumulado da serie histórica.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta