A nómina mensual de
pensións contributivas da Seguridade Social alcanzou os 8.925,1 millóns de euros o pasado 1 de febreiro.
O incremento interanual
sitúase no 3,05%. A pensión media de xubilación ascende a 1.077,52 euros, o que
representa un aumento do 1,93% respecto ao ano pasado.
A pensión media do
Sistema, que comprende as distintas clases (xubilación, incapacidade
permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares), alcanza os 932,29 euros
mensuais, o que supón un aumento interanual do 1,83%.
O conxunto do Sistema
público supera os 9,5 millóns de pensións contributivas (9.573.282), un 1,20%
máis respecto ao ano pasado.
Máis da metade,
5.888.138 concretamente, son por Xubilación; 2.357.014 corresponden a Viuvez;
948.393 a incapacidade permanente; 338.644 a orfandade e 41.093 a favor de
familiares.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta