Onte e hoxe tivo lugar a Escola
de Formación de Novas Xeracións de Ourense, que leva o nome de "Roberto Padilla".
A inauguración correu a cargo
do presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, subliñando que
a mocidade ten “a oportunidade e a responsabilidade de devolver a confianza na
política”.
O presidente recoñeceu que a recesión económica trouxo consigo unha crise da
confianza nos cidadáns coa que se popularizaron formas de facer política
binarias e moi prexudiciais como son os populismos. Pero lonxe de facer unha
invitación ao pesimismo, Feijóo manifestou que isto debe servir como un
incentivo para a esperanza.
Nese senso, felicitou aos mozos de Novas Xeracións
de Ourense por organizar actos deseñados e pensados para a xente nova,
demostrando que en Galicia “hai iniciativas que defenden a política con
maiúsculas”.
Segundo indicou, a política consiste tamén en
ilusionar aos cidadáns e implicalos na construción dun proxecto común, polo que
se debe consolidar un proxecto que una a sociedade galega. Nesta liña, recordou
que o PPdeG é un partido grande porque sempre tivo a vocación de sumar e
“incidir na formación política é fundamental para recordarnos a importancia de
seguir sumando”.
Así mesmo, salientou que o novo centro de Formación
de Novas Xeracións dará importantes ferramentas políticas e ideolóxicas para
esa mocidade que non cala ante o pensamento único posto que “gañar a batalla
dos votos importa pouco se perdemos a batalla das ideas”.
Onte tamén o presidente do PP de Ourense Manuel Baltar animou aos participantes "para formarse e a informarse "de forma continua" ,así como a apostar por proxectos innovadores" así como a "construír e pensar en positivo" deixando as críticas destrutivas "para os outros" Nese acto de apertura desta Escola de Formación participaron ademais Sergio María Rodríguez presidente local de NNGG do PP en Ourense, o presidente provincial de NNGG José Antonio Parente; Adrián López, presidente autonómico desta formación e Diego Gago, responsable nacional da canteira de Novas Xeracións do partido

No marco desta Escola, hoxe pola tarde, participei nunha mesa
sobre "a política actual" que compartín con Pepe Araújo, portavoz do PP no Concello, o conselleiro de Política José Manuel Rey Varela e a conselleira de infraestruturas Ethel Vázquez.
O secretario xeral do Partido Popular de Galicia,
Miguel Tellado, participou este sábado na clausura da Escola de Formación.
Na súa intervención pediulle á organización xuvenil
que traballe “desde o inconformismo, a rebeldía e a ilusión por construír un
proxecto político que realmente vale a pena”; e á mocidade en xeral que se
erixa en “motor de cambio” para recuperar valores sociais beneficiosos como a
liberdade, o esforzo e a capacidade de superación das dificultades.
Tellado lembrou que o Partido Popular ten xa 40 anos
de historia dedicada á xestión pública, e que en Galicia ten unha ampla folla
de servizos marcada polo “contacto cos veciños para escoitar as súas demandas e
a autocrítica cada vez que cometemos algún erro”. Por iso, reivindicou o
“orgullo” de defender a esta organización, “que en cada recuncho da nosa terra
ten xente digna de admirar” e sinalou que “malia o que digan, calquera partido
de Galicia se cambiaría polo noso sen dubidalo nin un só minuto”.
E pechou a Escola o presidente local do PP e alcalde de Ourense, Jesús Vázquez quen destacou a gran calidade do grupo que integra as NNGG.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta