sábado, 3 de febrero de 2018

Xantar: "Un referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros de España e Portugal"


Acudo esta mañá a Expourense para participar nunha xornada de Xantar que estivo dedicada á provincia da Coruña, á de Zamora e aos concellos da Pobra de Trives e A Veiga, ademais da a Fundación Amigos de Galicia. Tamén ás Cámaras portuguesas de Aveiro, Felgueiras e Esposende.


Así coñecemos os sabores do mar de Esposende , continuando polo Pao do de Margaride de Felgueiras ata os "ovos Moles" de Aveiro. E por suposto os excelentes viños lusos.


Os concellos ourensáns de A Pobra de Trives e A Veiga, deron a coñecer a súa oferta gastronómica (carnes, embutidos, bicas, etc.) e turística: Manzaneda, Trevinca, etc.

A Deputación da Coruña realizou un importante despregamento na feira convidando aos concellos desta provincia para realizar showcookings de pratos tradicionais e únicos protagonistas de varias festas gastronómicas como é o caso das Filloas de Zas, ou o Polbo á Mugardesa.
Polo que respecta á Deputación de Zamora destacar que organizou unha cata maridada entre a IGP Tenreira de Aliste e viños da D.Ou. Arribes.

A súa presidenta María Teresa Martín Pozo, puxo en valor que é a segunda vez que Zamora participa en Xantar e este ano faio ademais cun restaurante grazas á cooperación público-privada.
Premios Xantar 2018

Durante o acto central do día foron entregados os Premios Especiais de Xantar que naceron en 2014 para celebrar a concesión do Selo de Feira Comercial Internacional do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade do Goberno de España.
Mantivéronse desde entón e serven para recoñecer a aqueles expositores que presentan plusvalías á súa participación na feira ofrecendo sempre algo máis ou algo diferente aos visitantes.
Os premiados desta edición foron:

- Premio á Mellor Caseta Restaurante: Rexión de Azores. Pola iniciativa de recrear o menú servido no Titanic na noite do afundimento e que foi un dos grandes reclamos mediáticos desta edición.

- Premio á Mellor Caseta de Alimentación: Nesta categoría entregáronse dous recoñecementos. A Fillos de Rivera, polo intenso programa de catas das súas cervexas e viños organizados na súa caseta. E a Cafés Lisboa, empresa presente en Xantar desde a primeira edición e que cada ano ofrece de forma gratuíta máis de 15.000 cafés.

- Premio á Mellor Acción Promocional en materia de turismo. Nesta categoría tamén foron entregados dous recoñecementos. O primeiro deles foi para a Entidade de Turismo Porto e Norte por facilitar a participación en Xantar de máis de 20 cámaras municipais desta rexión. A outra entidade premiada foi o INORDE porque o seu restaurante é un excelente exemplo de cooperación público-privada en Ourense e permite que o salón ofreza menús para todos os petos.


- Premio á Mellor Actividade relacionada coa saúde e a nutrición: BOAGA por poñer en marcha un restaurante que promociona carnes autóctonas de calidade.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta