Celébrase hoxe 8 de marzo o Día Internacional da Muller, e o P.P. de Ourense
organizou un acto conmemorativo no claustro do mosteiro de Celanova.
Nel interviron
varios membros da xunta directiva provincial, como Ana Belén Vázquez, Cristina
Romero, Luz Doporto, José Luis Ferro e José Antonio Parente, así como a
concelleira de Cultura de Celanova, Ana Fernández.
Cada un
deles fixo unha breve alocución na que abordaron diferentes aspectos de
importancia nunha xornada reivindicativa como a de hoxe, falando da educación
sen distinción de xénero, da desigualdade de oportunidades no ámbito directivo,
da brecha salarial no traballo, da figura de Clara Campo Amor como exemplo de
loita contra a desigualdade ou do labor das mulleres rurais, de Ilduara a nai
de San Rosendo, etc.
E pechóu
o acto o presidente provincial Manuel Baltar que tivo palabras de agradecemento
para María Antonia Rilo –“a nosa conciencia no PP - como presidenta da comisión
de Igualdade e salientou que o cambio de escenario desta xornada reivindicativa
–tradicionalmente celebrada na rúa do Paseo de Ourense- débese a “ que tamén
debe achegarse aos concellos”.
Lembrou
en clave política que o PP ourensán é a única formación española “con maioría
absoluta de mulleres nos seus órganos de dirección e que aspira a ter máis
concelleiras, máis alcaldesas e parlamentarias”.
Os
homes, engadiu o presidente provincial, “temos a obriga de secundar con
contundencia xornadas como as de hoxe e trasladalas a todos os días do ano,
pensando permanentemente neste movemento social”.
O PP,
como formación política que representa a maioría dos ourensáns, “nin ten
complexos nin pode quedarse curto recollendo as reivindicacións da sociedade e
das mulleres en particular”.
Ademáis
o PP a nivel nacional emitiú a seguinte declaración:
"O Partido Popular reitera o seu compromiso con todas as
mulleres co convencemento de que unidos poderemos alcanzar o obxectivo dunha
sociedade en igualdade entre homes e mulleres, máis xusta e máis digna.
Neste día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, lembramos
a loita iniciada fai máis de cen anos por un grupo de mulleres traballadoras
que reclamaban un trato salarial xusto e unhas condicións laborais equiparables
ás dos homes: dereitos civís e igualdade laboral. Desde entón, a pesar das
dificultades, as mulleres foron alcanzando logros fundamentais en aspectos
políticos, laborais e educativos aínda que aínda quedan retos por alcanzar.
A
muller, cos gobernos do PP, foi un referente en cargos institucionais e
políticos. Nomeamos á primeira Comisaría Europea, a primeira Presidenta das
Cortes, a primeira Presidenta do Senado, etc. Todas, mulleres do PP que
estiveron en primeira liña, tanto no ámbito nacional como autonómico,
provincial e local, polo seu mérito e capacidade e non por cotas.
No Partido
Popular estamos convencidos de que a igualdade efectiva entre homes e mulleres
alcánzase co fomento da educación e do emprego sobre a base dunhas políticas
públicas e un marco normativo que as garantan. Grazas a estas políticas, España
reduciu nos últimos anos a brecha salarial entre homes e mulleres. Segundo os
últimos datos de Eurostat, desde 2012 reduciuse en 4,5 puntos, que sitúa a España, por baixo da media europea e nun mínimo histórico. Aínda que persistan as diferenzas no ámbito laboral, a tendencia dos últimos anos é favorable á plena incorporación das mulleres ao mercado de traballo. España logrou recuperar todo o emprego feminino perdido durante a crise económica e, con 8,5 millóns de afiliadas á Seguridade Social, hoxe hai máis mulleres traballando que nunca.
Por outra banda, segundo o último informe da Asociación de Traballadores Autónomos (ATA), o número de traballadoras autónomas en España situouse a finais de 2017 en 1,13 millóns, o que supón o 35,3% do total e supera o nivel anterior á crise. O Partido Popular aposta por políticas que faciliten a conciliación da vida familiar e laboral, o fomento da corresponsabilidade, a redución da brecha salarial e a eliminación das barreiras que limitan o ascenso profesional das mulleres. Na actualidade, o 55% dos estudantes universitarios son mulleres.
O fomento da empregabilidade, como elemento favorecedor da independencia
económica da muller e a loita contra a violencia de xénero, son os grandes obxectivos das políticas do PP. Neste sentido, endurecéronse as penas daqueles
que atentan contra a integridade física e sexual das mulleres e alcanzouse, por
primeira vez, un gran Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero no que se
implicaron a maioría das forzas políticas e a todas as administracións autonómicas.
A loita pola igualdade ten que ser de toda a sociedade, de homes e mulleres. Ten que nacer desde a educación en igualdade e ten que estar por encima das ideas políticas."
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta