Difunde hoxe o INE a Contabilidade Trimestral de España correspondente ao cuarto trimestre de 2017 e así coñecemos os seguintes datos:
Galicia:
No caso da nosa Comunidade o Produto Interior Bruto de Galicia (PIB) medrou un 3,1% en 2017 e igualou o seu mellor resultado dos últimos dez anos, segundo reflicten os datos de Contabilidade Trimestral publicados hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE).
Estes datos ratifican que a economía galega mantivo a súa fortaleza e mellorou as previsións de crecemento da Xunta cando se aprobaron os Orzamentos para o pasado exercicio, que situaban o incremento no 2,4%.
Estes datos ratifican que a economía galega mantivo a súa fortaleza e mellorou as previsións de crecemento da Xunta cando se aprobaron os Orzamentos para o pasado exercicio, que situaban o incremento no 2,4%.
Os datos do IGE mostran que o PIB de Galicia encadea xa nove trimestres consecutivos con taxas de crecemento iguais ou superiores ao 3%. As contas publicadas hoxe tamén indican que a economía galega medrou no cuarto trimestre un 0,7% respecto ao trimestre anterior.
Ademais, a economía galega igualou o crecemento da economía española tanto en termos interanuais coma trimestrais, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE).
Ademais, a economía galega igualou o crecemento da economía española tanto en termos interanuais coma trimestrais, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE).
Os datos do organismo estatístico da Xunta mostran que o bo comportamento da economía galega no ano 2017 baseouse nos resultados positivos de todos os sectores, o incremento do consumo dos fogares e das administracións, e tamén a evolución favorable un ano máis das exportacións de bens e servizos.
Crecemento de todos os sectores e das exportacións
No ano 2017, o gasto en consumo final medrou un 1,5% –destaca o gasto en consumo final das administracións públicas, que crece un 2,1%-, e tamén tivo un forte incremento a formación bruta de capital, que medrou un 3,2%, por riba do crecemento de 2016 (0,6%).
Todos os sectores da economía galega continúan en positivo, tanto a construción (3,5%) coma os servizos (3,3%), cunha evolución destacada da rama de comercio, transporte e hostalería, que crece un 6,3%. Tanto o sector primario como a industria medraron un 1,7%, cun avance maior da industria manufactureira (4,2%), a máis intensiva en emprego.
Ademais, a Comunidade galega mantivo o seu pulo exportador ao alcanzar as exportacións de bens e servizos un crecemento do 4,8%. Galicia está a vivir o seu mellor ciclo exportador logrando que os últimos cinco anos sexan os de maiores vendas ao exterior da súa historia.
18.000 empregos máis a tempo completo
As contas trimestrais do Instituto Galego de Estatística confirman tamén que a recuperación económica estase a trasladar tamén ao mercado laboral. No ano 2017 o número de postos de traballo equivalentes a tempo completo medrou un 1,8%, o que supón un incremento de 17.677 postos con respecto ao ano 2016.
Neste eido destaca o incremento do emprego no sector primario, que medra un 3,5%, e na industria (3,3%), cun incremento na industria manufactureira que foi aínda maior, do 3,4%. O resto de sectores tamén acadaron unha evolución positiva, xa que nos servizos o emprego medrou un 1,4% e na construción un 0,8%.