domingo, 18 de marzo de 2018

Por fín, as choivas enchen ríos e encoros



Hoxe non chove no Concello de Ourense, despois de varios días seguidos sen parar de facelo e con intensidade, tras o paso dos temporais "Félix" e "Gisele" Unha boa noticia para os moitos que hoxe celebran a tradicional festa de San Lázaro e tamén para poder a saír a camiñar, pasear ou como no meu caso para facer un pouco de exercicio físico.

Esta vez escollín para correr o sendeiro do Río Loña no tramo que vai desde a súa preciosa ponte ata Mende.

Certamente é unha sorte ter no mesmo termo municipal de Ourense estos paseos fluviais e o frondoso Parque do Loña que chega ata a mesma desembocadura no Río Miño.


Impresionaba ver o enorme caudal do río e a forza da corrente. Ademais hoxe comeza a tempada de pesca, así que tamén puiden ver a varios pescadores que o tentaban nestas movidas e frías augas.


Afortunadamente esta sucesión de fortes choivas e temporais deixaron aos encoros da conca Miño Sil por enriba da media habitual en marzo e agora toca esperar a que a Oficina Técnica da Seca, da Confederación Hidrográfica Miño Sil, dacordo a criterios técnicos desactive as alertas e prealertas e volvamos á normalidade.

Máis, sen que iso signifique que debamos esquecernos da imprescindible necesidade de facer unha utilización racional da auga racional, non só por parte das administracións senón tamén polos cidadáns.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta