Encoro de Cachamuiña- 4.3.2018 |
O pasado 27 de febreiro, o Ministerio de
Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente informábanos que a reserva
hidráulica española estaba ao 43,5 por cento da súa capacidade total.
Os encoros almacenan a esa data 24.413
hectómetros cúbicos ( hm³) de auga, aumentando na última semana en 336 hectómetros cúbicos (o 0,6 por cento da capacidade total actual dos encoros).
Polo que se refira as concas da nosa
Comunidade autónoma, a reserva era a seguinte: Miño-Sil ao 61,6% e Galicia
Costa ao 77,2%.
Afortunadamente desde aquela data as choivas continuaron e espero que o próximo dato sexa de outro incremento destas reservas.
Prrecisamente este fin de semana puiden comprobar o contraste entre a situación no mes de outubro de 2017 e o día de onte no encoro ourensán de Cachamuiña que abastece de auga á cidade de Ourense.
Se no outono o panorama era desolador, agora o
aspecto era magnífico. Estas fotos acreditan o que digo.
Encoro de Cachamuiña- 9.10.2017 |
En calquera caso persiste o obxectivo colectivo
de avanzar o incremento da máxima eficiencia e aforro de auga, facendo
partícipes desta concienciación a todos os que somos usuarios dela.
Neste sentido, é importante a vixilancia dos
consumos e a adopción das medidas necesarias en cada conca hidrográfica para ordenar mellor os recursos.
E aquí hai que recoñecer o importante traballo
que desenvolven as Confederacións Hidrográficas que fan un permanente seguimento da situación para facer unha xestión eficiente da auga e priorizando a resolución dos problemas derivados da seca no marco da planificación hidrolóxica e dos plans de seca de cada demarcación e co Pacto Nacional pola auga no que xa se está traballando como obxectivo.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta