Participo esta mañá con Pablo Mosquera no habitual
faladoiro do programa “Voces de
Galicia” de Radio Voz moderada por Antía Díaz Leal.
Falamos en primeiro lugar da
aprobación onte no Parlamento de Galicia da reforma da Lei de saúde de Galicia.
Dixen que fronte as protestas
dalgúns, esta Lei reforza os hospitais comarcais, con máis servizos e máis
presenza de especialistas que se despracen desde os hospitais de referencia nas
grandes cidades.
Dixen que estamos diante dunha lei
basicamente organizativa, que trata de continuar mellorando a sanidade pública mediante a coordinación entre
atención primaria e hospitalaria, ao tempo que potenciará a participación
social.
Vai a permitir mellorar o sistema
sanitario, coa creación dos 14 distritos sanitarios, que se enumeran no propio
texto lexislativo para garantir a súa pervivencia no tempo
Lembrei que os hospitais comarcais
están recibindo novos servizos e que esta forma de organización sanitaria,
herdada da creación das estruturas de xestión integrada, estase conseguindo
unha mellor atención especializada nos hospitais comarcais, evitando nos
últimos anos o desprazamento de máis de 260.000 pacientes cara aos grandes
hospitais.
Puxen de exemplo o Hospital
Comarcal de Valdeorras en distrito
sanitario, o que permite blindar por lei a que desde o ano 2011, co modelo das EOXI,
foron evitados case 47.000 desprazamentos aos pacientes que foron atendidos nel e coa reforma seguirán evitándose xa que promoverá que
os especialistas poidan acercarse e con maior frecuencia ao Hospital.
E din conta do incremento de
especializadades neste Hospital desde o ano 2012 pasando de ter tres:
Cardioloxía, Neuroloxía e Oncoloxía Média a ter dez, engadíndolle Dixestivo,
Endocrinoloxia, Medicina Preventiva, Pediatría, Rehabilitación, Reumatoloxía e
Uroloxía.
En resposta a Pablo Mosquera,
fixen referencia ao Hospital da
Costa de Burela, que é o centro sanitario de referencia para a Mariña lucense, que
veu incrementado nun 7% o seu persoal facultativo e sanitario desde ano 2009.
Din os datos
suministrados polo delegado territorial da Xunta: traballan no centro 104
médicas e médicos, 320 profesionais na categoría de persoal sanitario non
facultativo e 108 persoas nas categorías non sanitarias. Son doutoras e
doutores, persoal de enfermería e auxiliares, celadores, persoal de limpeza e
de cociña… etcétera, que suman máis de 560 profesionais. E que fronte aos que
se empeñan en falar de desmantelamento, resulta palmario o compromiso do
Goberno galego cun hospital que está en plenas obras de ampliación e
remodelación integral, o que supón un investimento global que supera os 20
millóns de euros.
Falamos logo
de que hoxe é o Día Internacional da
Eliminación da Discriminación Racial.
Dixen
que a doctrina de superioridad racial es científicamente falsa, moralmente condenable,
socialmente inxusta e perigosa en non ten xustificación algunha.
Toda
a sociedade española de xeito maioritario está comprometido en loitar contra o
racismo, a discriminación racial, a xenofobia e as formas conexas de
intolerancia, dando a esa loita a atención prioritaria que merece.
Informei
que hai poucos días asinouse un convenio marco de cooperación e colaboración
contra o racismo, a discriminación racial, a xenofobia e outras formas conexas
de intolerancia ao que se sumaron en total 5 Secretarías de Estado (Sanidade,
Xustiza, Interior, Educación e Deporte). O Ministerio de Educación, Cultura e
Deporte traballará en desenvolver actividades de formación e sensibilización
nos centros escolares para loitar contra o racismo e a xenofobia. Farao
mediante conferencias, seminarios, xornadas e cursos impartidos aos alumnos. Educación comprométese, ademais, á
realización de investigacións académicas e publicacións conxuntas co resto de
Ministerios implicados, así como o intercambio de publicacións, información e
asesoramento.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Recibirá resposta