Intervengo
esta mañana con Pablo Mosquera en la habitual tertulia del prpgrama “Voces de
Galicia” de Radio Voz que vuleve a estar
moderada por Antía Díaz Leal.
Falamos en primeiro lugar
da folga dos funcionarios da administración de xustiza que está causando graves prexuízos aos cidadáns galegos, e que se
alonga xa por 20 xornada. Salientei
como positivo que o vicepresidente da Xunta, Alfonso
Rueda, adiantara onte que a Xunta convocará hoxe de novo aos sindicatos da
Administración de Xustiza co obxectivo de volver negociar sobre todo os puntos
obxecto de controversia.
Lembrei que os representantes do Goberno galego non abandonaron
nunca a negociación, mantiveron doce reunións cos representantes dos
traballadores e realizaron ata catro ofertas económicas, cada unha superior á
anterior e que mostraron sempre a súa vontade de dialogar para chegar a un
acordo e evitar así os prexuízos que se están causando aos administrados e xusticiables.
E que nesta mesma vontade de diálogo é onde se inscribe a oferta
do vicepresidente de incorporarse persoalmente ás negociacións sempre que se
produza unha suspensión da folga -non unha desconvocatoria- mentres se manteñen
as conversas.
Falei de que o Parlamento Galego, nun acordo de decembro estableceu
a necesidade de mellorar as retribucións dos traballadores e situalas na media
do resto de comunidades autónomas. E dixen que co incremento ofertado pola
Xunta situaría de forma efectiva a Galicia por riba da media do que cobra o
persoal destes corpos en España.
Dixen que durante a negociación, a Xunta tamén tratou de ampliar
os puntos de negociación de xeito que non consiste só nunha oferta económica,
senón que tamén inclúe outras melloras como a consolidación de 36 postos de
reforzo; a reordenación das prazas para incorporalas a onde sexa máis
necesario; ou abonar o 100 por cen das retribucións nos casos de substitucións
dun corpo superior.
Falamos logo da próxima celebración do Día
Internacional da Muller por primeira vez, o 8 de marzo. Trátase de chamar a
atención sobre os dereitos, a igualdade e a xustiza das mulleres.
Dixen que
comparto o obxectivo que a igualdade legal convértase en igualdade real, e que
aínda que os resultados indican que estamos a avanzar na boa dirección, aínda
temos moita tarefa por diante.
Falei de que dentro da fenda de xénero máis preocupante é a laboral, o primeiro é resolver o problema do paro feminino
e acabar coa discriminación salarial entre homes e mulleres, que, estando está
prohibida na lexislación, existe.
Lembrei que aínda que se cumpre a igualdade
do salario basee, o certo é que o 60% dos complementos favorece ao home xa que
priman a antigüidade ou a dispoñibilidade, mentres moitas mulleres renuncian a
parte da súa carreira profesional por ser nais. Só o 30% dos complementos
recoñecen o mérito.
E que hai que facer esforzos para que a maternidade non
sexa un dos factores que máis inflúen na brecha de xénero no emprego. E
facilitei un dato: segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA), homes e
mulleres sen fillos teñen o mesmo nivel de ocupación, o 72%. Con todo, cando
teñen fillos a diferenza de ocupación sitúase en 9 puntos. Apuntei que este non
é só un problema só español, senón europeo que afecta a países tan avanzados
como Dinamarca.
Finalmente falei de que ademais dos problemas salariais no Día
Internacional da Muller hai que reflexionar sobre os problemas de violencia de
xénero, sobre acoso sexual, sobre os dereitos e o activismo das mulleres
rurais, que constitúen máis dun cuarto da poboación mundial e a maioría do 43
por cento das mulleres que se dedican á agricultura no mundo.
Por suposto sobre
coa repartición de tarefas no fogar, xa que en España as mulleres dedican de
media 2,5 horas máis que os homes aos labores domésticos, cuestión que se
agrava xa que España é un dos países europeos con horarios máis ríxidos.
E para
concluír, a moderadora propúxonos falar das protestas pola contía das pensións.
Dixen que o tema era de extraordinaria seriedade e que o debate das pensións
require dun rigor económico e debe facerse en torno ao Pacto de Toledo.
Estamos
a falar dunha nómina mensual de pensións contributivas que no último mes
ascendeu a 8.925,1 millóns de euros. E que o conxunto do sistema público supera
os 9,5 millóns de pensións contributivas.
Rexeitei a demagoxia que protagoniza o PSOE en materia de pensións, tendo en conta que, cando eles gobernaban, conxeláronas e levaron o país ao bordo da quebra. Mentres que o Partido Popular non as conxelamos, subímolas pouco e esperamos poder subilas máis no futuro, pero para iso necesitamos seguir creando emprego.
Celebrei queo próximo día 14 de marzo teñamos no Congreso un debate monográfico sobre pensións no que non só intervirá o presidente do Goberno, senón tamén os portavoces de todos os Grupos Parlamentarios.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta