Como dícía na anterior entrada deste Blog, os PGE 2018 apostan claramente por seguir reforzando o gasto social, de maneira que se converten, un ano máis, nos orzamentos máis sociais da historia.
Neste sentido, os Orzamentos tamén contribúen de maneira indirecta ao reforzo do gasto social a través das achegas que realiza ás Administracións Territoriais.
O financiamento das Administracións Territoriais increméntase en 4.244 millóns de euros, dos que 4.020 corresponden ás CCAA, que desta maneira verán aumentados os seus recursos máis dun 4% respecto de 2017, co que poderán reforzar os servizos públicos fundamentais que prestan aos cidadáns, sanidade, educación e protección social.
Ademais, os Orzamentos recollen o acordo alcanzado polo Goberno coa Federación Española de Municipios e Provincias para ampliar o prazo para acometer investimentos financeiramente sustentables co superávit orzamentario. Uns investimentos que este ano poderán destinarse a un número máis amplo de servizos públicos de interese para a comunidade.
Sen deixar o gasto social, debe destacarse o incremento respecto de 2017 da partida destinada a bolsas e axudas de carácter xeral, en 50 millóns de euros, alcanzando este ano os 1.450,33 millóns.
Por outra banda, os recursos destinados á Dependencia increméntanse en 46 millóns de euros, ata os 1.401 millóns.
Destaca tamén a ampliación nunha semana do permiso de paternidade, ata situarse xa en 5 semanas.
Finalmente, hai que destacar que entre as políticas que máis crecen atópase a política de I+D+i, cun incremento dos recursos do 8,3% respecto de 2017, o que supón 560 millóns de euros máis, ata alcanzar os 7.044,47 millóns.
Así mesmo, a aprobación dos Orzamentos permitirá a mobilización das partidas para a posta en marcha do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.