viernes, 16 de marzo de 2018

Sobre a enerxización da LAV Madrid-Galicia entre Zamora e Ourense


Hoxe o xornal local La Región publica en dúas páxinas completas un Anuncio de ADIF-ALTA VELOCIDADE polo que se somete a información pública, a efectos de declaración da necesidade de ocupación, o "Proxecto básico dos centros de autotransformación do tramo Pedralba-Ourense da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia"

Anuncio que apareceu no BOE do pasado 27 de febreiro de 2018 e polo que en cumprimento dos artigos 18 e 19.1 da Lei de Expropiación Forzosa, do 16 de decembro de 1954, e artigos concordantes do seu Regulamento (Decreto do 26 de abril de 1957), abríase un período de información pública sobre a relación de bens e dereitos afectados pola execución das obras definidas no proxecto de referencia, co obxecto de que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación que se publica neste anuncio ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade de ocupación.


Estes bens e dereitos afectados corresponde aos termos municipais de Requejo, Lubián, A Mezquita, A Gudiña, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Ourense.

Quero resaltar a importancia da enerxización das liñas ferroviarias, como acabo de expor o pasado 14 de marzo, cando na Comisión de Fomento preguntei ao Secretario Xeral de Infraestruturas sobre a situación dos proxectos de abastecemento, de enerxía e autotransformación na LAV desde Zamora ata Ourense.
Manuel Niño, respondeu que nos tramos de plataforma de Zamora- Pedralba de la Pradería que xa se atopan recibidos, "iniciáronse as obras da catenaria e enerxía".
Polo que se refire ao tramo Pedralba de la Pradería-Taboadela, dixo que “están tamén en redacción os proxectos da catenaria e dos que chamamos os centros de autotransformación ”. E que “a liña de alta tensión a 220 Kilovoltios entre as subestación de Conso (REE) e As Portas (ADIF) obtivo o pasado 8 de marzo a declaración de impacto ambiental”. Esta liña discorre polos termos municipais de A Gudiña, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.
Finalmente no tramo entre Taboadela e Ourense, o responsable de Fomento, informou que “tamén está en redacción os proxectos de enerxía e as instalacións de seguridade”

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta