viernes, 6 de abril de 2018

A demarcación Miño-Sil volve a unha situación de normalidade hidrográfica

Desde hai moitos meses veño seguindo a evolución dos nosos encoros que suministra o MAPAMA.

Repasando alúns datos vexo como por exemplo o martes 27 de novembro a reserva hidráulica na demarcación Miño-Sil atopábase ao 37,9 por cento da súa capacidade, case ao mesmo nivel que o da española estaba ao 36,7 %. Algo moi anómalo e sumamente preocupante.

As cousas afortunadamente mudaron e agora despois das importantes e persistentes chuvias caídas nos últimos meses, temos que o martes 3 de abril, esos rexistros indicaban que a reserva hidráulica na demarcación Miño-Sil estaba ao 80,9 por cento da súa capacidade e a española ao 63,8 por cento da súa capacidade total.


Á vista desta favorable evolución, coñecemos que hoxe mesmo a oficina técnica da seca da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, considera que estamos en situación de normalidade hidrográfica e desactiva as alertas e prealertas nos seis sistemas de explotación.

Sen dúbida unha moi boa noticia, pero temos que seguir facendo un uso responsable dos recursos hídricos.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.