Publica hoxe o Boletín Oficial do Estado unha Resolución da Secretaría Xeral de Infraestruturas, de data 12 de abril de 2018, pola que se abre información pública correspondente ao expediente de expropiación forzosa 017ADIF1817, motivado polas obras do ADIF-Alta Velocidade "Proxecto básico da base de montaxe no termo municipal da Mezquita e instalacións auxiliares para a montaxe de vía no corredor norte-noroeste de alta velocidade. Tramo: Olmedo-Lubián-Ourense. Subtramo: Pedralba de la Pradería- Taboadela", nos termos municipais da Mezquita (Ourense) e Pedralba de la Pradería (Zamora).
ADIF-Alta Velocidade, o 14 de marzo de 2018, instou a incoación do expediente de expropiación forzosa para dispoñer dos terreos necesarios para a execución das obras do proxecto, o cal foi debidamente aprobado con data, 11 de decembro de 2017.
Na súa virtude, e para os efectos sinalados no título II, capítulo II, da vixente Lei de Expropiación Forzosa e nos concorantes do Regulamento para a súa aplicación, esta Secretaría Xeral de Infraestruturas resolveu abrir información pública durante un prazo de 15 (quince) días hábiles, contados na forma disposta no artigo 17 do Regulamento do 26 de abril de 1957, para que os titulares dos bens e dereitos afectados pola execución das obras e todas as demais persoas ou entidades interesadas, poidan formular por escrito ante este Departamento, as alegacións que consideren oportunas, de acordo co previsto nos artigos 18 e 19 da Lei de Expropiación Forzosa e no artigo 56 do Regulamento para a súa aplicación.
https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-B-2018-24938
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.