A nómina mensual de pensións contributivas da Seguridade Social alcanzou os 8.965 millóns de euros o pasado 1 de abril. O incremento interanual sitúase no 2,93%.
A pensión media do Sistema, que comprende as distintas clases (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares), alcanza os 934,63 euros mensuais, o que supón un aumento interanual do 1,84%.
O conxunto do Sistema público supera os 9,5 millóns de pensións contributivas (9.592.024), un 1,07% máis respecto ao ano pasado.
Máis da metade, 5.902.382 concretamente, son por Xubilación; 2.357.890 corresponden a Viuvez; 950.490 a incapacidade permanente; 339.860 a orfandade e 41.402 a favor de familiares.
En Galicia o número de pensións ascende a 760.977 e en Ourense a 108.693.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.