Mañá pola tarde terá lugar no Congreso dos Deputados unha sesión da Comision de Fomento na que comparecerá a petición propia, o ministro de Fomento, Iñigo de la Serna para informar sobre o Plan Estatal da Vivenda 2018-2021 e sobre o Plan Estratéxico para o desenvolvemento do sector civil dos drones en España 2018-2021.
O Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 foi elaborado coa participación das Comunidades Autónomas, Ceuta e Melilla, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e as asociacións, axentes e profesionais do sector. Trátase, por tanto, dun Plan cun elevado nivel de consenso.
O Plan Estratéxico de drones , é de carácter transversal e multidisciplinar, define e ordena o marco de actuación para mellorar a competitividade e o liderado das empresas do sector, de tal forma que, durante os próximos anos, poidan fortalecerse, madurar e crecer, posicionando a España como referencia internacional neste ámbito.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.