viernes, 27 de abril de 2018

O ministro De la Serna defende a proposta de España de extensión do Corredor Atlántico


Onte o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, defendeu en Liubliana (Eslovenia) a proposta de España de extensión dos Corredores Atlántico e Mediterráneo e as conexións transfronteirizas con Francia.

No seo da negociación do próximo marco financeiro plurianual 2021-2027 está a ter lugar a revisión do Regulamento polo que se financian as redes transeuropeas de transporte (Regulamento CEF), que establece, entre outros aspectos, a definición dos itinerarios dos corredores europeos.



Unha vez adoptada a proposta do Regulamento polo Colexio de Comisarios en xuño, iniciarase o trámite de aprobación polo Parlamento Europeo e o Consello, en aras á súa entrada en vigor en 2021.

No marco da súa participación nos “TEN-T Days”, De la Serna reuniuse coa Comisaria Europea de Transporte, Violeta Bulc, e os Coordinadores dos Corredores Atlántico, Carlo Secchi, e Mediterráneo, Laurens J. Brinkhorst , para insistir na proposta española, que seguirá reforzando a vertebración territorial e a conectividade e competitividade.
Proposta española

En particular, a inclusión das liñas ferroviarias, tanto de alta velocidade Olmedo – Zamora – Ourense – Santiago, como de mercadorías que conectan con Xixón e coa Coruña pasando por Vigo, co corredor Atlántico, así como a estrada A8 da cornixa cantábrica, garante a mellora da mobilidade de persoas e mercadorías de Galicia, Asturias e Cantabria, polas que non discorrían os corredores multimodais.


Desta maneira canalízanse os fluxos principais destas rexións cara ao resto dos países da Unión. Coa liña Huelva-Sevilla, as conexións marítimas coas Illas Canarias e Baleares, así como a vía navegable do Guadalquivir, refórzase a competitividade e a conectividade tanto do sur de España como de Levante cos arquipélagos, potenciando a súa visibilidade.

Por outra banda, a incorporación do tramo Sagunto-Zaragoza - Pamplona/Logroño – Bilbao nutre o Corredor Atlántico e pon de relevo a importancia do mesmo a nivel europeo, conectando a fachada mediterránea coa atlántica. Xunto a todo iso, a solicitude do Ministerio de Fomento fará que todos os portos da rede básica española queden conectados aos corredores europeos. Conexións transfronteirizas con Francia.


O ministro de Fomento insistiu así mesmo na importancia da conectividade transfronteiriza con Francia. Neste sentido, en resposta ás peticións dos ministros español e portugués de Transportes, e con apoio da comisaria Bulc e os Coordinadores dos Corredores Atlántico e Mediterráneo; a ministra francesa de Transportes, *Élisabeth Borne; comprometeuse a realizar as actuacións de investimento necesarias para garantir a modernización e capacidade das liñas.

De la Serna propuxo a creación dun grupo de traballo, cun plan de investimento conxunto e actuacións concretas, para a modernización das conexións transfronteirizas do Corredor Mediterráneo e do Corredor Atlántico entre Francia e España. A proposta foi aceptada tanto por Francia como polos Coordinadores Europeos de ambos os corredores.


Satisfacción da Xunta de Galicia.

Hoxe o Goberno galego amosou a súa satisfacción pola firme defensa da proposta de extensión do Corredor Atlántico ao Noroeste peninsular, xa que "suporía a inclusión tanto das liñas ferroviarias de alta velocidade Olmedo – Zamora – Ourense – Santiago, como as de mercancías que conectan os portos de A Coruña e Vigo co actual eixe Atlántico en Venta de Baños a través de Ponferrada, León y Palencia, e os portos de Xixón e Avilés co mesmo eixo a través de León, o que garante a mellora da mobilidade de persoas e mercancías de Galicia, Castela e León e Asturias, polas que non discorrían o corredor Atlántico multimodal.

Deste xeito, os portos galegos e asturianos quedan conectados ao corredor Atlántico á través de Castela e León e se canalizan os fluxos principais de Galicia de cara os demais países da Unión."

Destacar os esforzos realizados pola Xunta de Galicia, sempre baixo a premisa da unidade e de coordinación das tres comunidades autónomas, dan por resultado que no seo da negociación do vindeiro marco financeiro plurianual 2021-2027, no que está tendo lugar a revisión do Regulamento polo que se financian as redes transeuropeas de transporte (Regulamento CEF) que establece, entre outros aspectos, a definición dos itinerarios dos  corredores europeos, se inclúa  a proposta de conexión ferroviaria do Corredor Atlántico cos  portos marítimos de Vigo, A Coruña, Xixón e Avilés, -a través de Palencia, León e Ponferrada-.

Informa a Xunta que outra banda, Galicia é unha das 16 institucións signatarias dun documento de posición entregado hoxe en Ljubljana a Herald Ruijters, director da Dirección General de Movilidad y Transporte de la Comisión Europea. Galicia apoia esta iniciativa, que se enmarca dentro da cooperación iniciada con outras Comunidades Autónomas, como Castela e León, seis meses atrás para defender unha mellor conexión dos seus territorios.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 


Recibirá resposta.