martes, 3 de abril de 2018

Baixa o paro rexistrado en 47.697 persoas no mes de marzo

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de marzo  de 2018.

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en marzo en relación co mes anterior en 22 persoas, un – 0,11 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a marzo do ano pasado, 3.223 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 13,82 %. 

O número de parados queda en 20.091, deles 8.889 son homes e 11.202 mulleres, 18.988 son maiores de 25 anos e 1.103 menores.

Por sectores, 1.044 son da agricultura, 2.471 da industria, 1.951 da construción, 12.627 nos servizos e 1.998 do colectivo sen emprego anterior.


Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en marzo en 3.104  persoas con respecto a febreiro (un – 1,65 %). O número de parados queda en 185.103, deles 80.552 son homes e 104.551 mulleres, 175.974 son maiores de 25 anos e 9.129 menores.

Por sectores, 6.729 son da agricultura, 21.259 da industria, 17.728 da construción, 123.612 nos servizos e 15.775 do colectivo sen emprego anterior.

Galicia pecha marzo con 24.953 persoas desempregadas menos que hai un ano, o que supón un descenso interanual do – 11,88 %, sendo a Comunidade Autónoma na que máis baixa o desemprego no último ano.

A cifra de desempregados é mellor que hai 9 anos (en marzo de 2009 rexistrábanse na Comunidade 211.484 persoas sen traballo) e  Galicia encadea xa 5 anos consecutivos de descensos nun mes de marzo, o que significa que, neste período, 1 de cada 3 persoas abandonaron as listas do paro.

Na comparativa co Estado, o ritmo de baixada do paro en Galicia é maior que no Estado tanto na evolución anual como mensual. Mentres que en Galicia baixou o desemprego con respecto a hai un ano nun 11,88%, no Estado descendeu nun 7,56%, é dicir, 4,32 puntos de diferenza.
Con respecto á calidade do emprego, segue medrando, xa que no último ano a contratación indefinida aumentou un 4,90%. Con respecto ao mes anterior, o paro tamén baixa, nun -1,65%, e a contratación indefinida crece, nun 9,06%, é dicir, asináronse 6488 contratos máis que en febreiro.
O paro, ademais, descende nas principais variables: nas catro provincias e 7 grandes cidades, en todos os sectores de actividade e nos colectivos prioritarios para o Goberno galego. Con respecto ao dato provincial, lidera a caída Lugo (-14,85%), seguida de Ourense (-13,82%), Pontevedra (-12,78%) e da Coruña (-9,61%). Por sectores, a maior caída ten lugar na construción (20,69%), seguida da agricultura e pesca (-13,65%), da industria (-12,69%) e dos servizos (-10,75%).

España: 

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou en marzo en 47.697 persoas en relación co mes anterior, e descendeu neste mes por sexto ano consecutivo. En termos desestacionalizados o paro baixou en 22.112 persoas. Respecto de marzo de 2017 o paro reduciuse en 279.766 persoas, o que mantén o nivel de redución interanual no 7,5. Desta forma, a cifra total de parados rexistrados é de 3.422.551, e sitúase no seu nivel máis baixo dos últimos 9 anos.

Iso supón que desde máximos rexistrados en marzo de 2013, o paro reduciuse en 1.617.671 persoas.

O paro rexistrado baixa en 16, das 17 comunidades autónomas, entre as que destacan: Comunidade Valenciana (-8.910), Cataluña (-6.720) e Andalucía (-541). Só aumenta en Castela-A Mancha (301).

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado redúcese en Servizos en (52.905 (-2,20%), en Industria (1.671 (-0,55%). Pola contra increméntase en Construción en 1.592 (0,52%), en Agricultura e Pesca en 449 (0,27%), e no colectivo de persoas sen emprego anterior en 4.838 (1,66%).

Alcánzase o nivel máximo de contratación indefinida un mes de marzo de toda a serie histórica A contratación temporal reduciuse a un ritmo do 6,5% interanual, fronte ao incremento do 8,42% da indefinida, encadeando así 50 meses de aumentos na contratación indefinida, e superando os catro anos completos de crecemento ininterrompido.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.