viernes, 4 de mayo de 2018

A Seguridade Social recupera o 75% dos afiliados e conta xa con 18.678.461 persoas


A afiliación media á Seguridade Social sitúase no mes de abril en 18.678.461, cifra que non se alcanzaba desde novembro de 2008 (18.721.387).

En termos mensuais, o Sistema incorporou 176.373 persoas (0,95%) máis, o segundo mellor dato da serie histórica xunto co resultado de abril de 2017.

Destaca de novo o número de mulleres afiliadas á Seguridade Social que volve marcar un récord e totaliza 8.664.942 traballadoras.

Representan o 46,39% do total de ocupados. En canto aos homes, a cifra de traballadores alcanza os 10.013.519 ocupados (53,61%).

O dato desestacionalizado, que serve para facer un seguimento da tendencia de fondo que subxace na evolución do número de afiliados, crece no mes en 37.919 e suma 53 meses en positivo.

RESPECTO DE MARZO

O Réxime Xeral rexistrou un aumento de 158.064 persoas (1,04%), ata situarse en 15.364.491 ocupados.

En abril, a afiliación creceu en termos absolutos principalmente en Hostalería (73.314), Construción, (12.933), Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares (12.897) e Comercio Reparación de Vehículos de Motor e Motocicletas, con 10.941 ocupados. Creceu de forma xeneralizada no resto de sectores excepto en Administración Pública e Defensa, Seguridade Social Obrigatoria (-1.043) e Actividades Financeiras e de Seguros (-488).

En canto ao Sistema Especial Agrario, gañou 18.860 afiliados medios (2,45%), ata situarse agora en 781.365 persoas.

Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregados do Fogar aumentou lixeiramente (94) e suma 420.288 ocupados. O Réxime de Autónomos conta con 3.246.854 persoas, tras aumentar en 16.454 (0,51%) no último mes.

Respecto ao Réxime Especial do Mar, incorporou 1.886 ocupados (3%) ata situarse en 64.853 ocupados.

Finalmente, o Carbón está constituído por 2.263 afiliados medios tras descender en 30 persoas (-1,30%).

 Por CCAA, o número de afiliados en abril aumentou en todas excepto en Aragón (-405). Creceu especialmente en Andalucía (49.780), Baleares (43.133), Cataluña (30.760) e Madrid (14.097).

RESPECTO DE 2017

En relación ao ano pasado, o Sistema gañou 556.239 ocupados, o 3,07%, destacando o bo comportamento do Réxime Xeral, que incorpora 523.436 traballadores (3,53%).

O crecemento alcanza o 3,99% se falamos do Réxime Xeral propiamente devandito (sen Agrario nin Fogar) No Réxime Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa aumentou un 1,02%, o que se traduce nun crecemento de 32.846 persoas.

O Réxime do Mar creceu un 0,52% (338) e o Carbón rexistrou un descenso de -14,44% (-382).

En termos anuais, a afiliación creceu en todas as Comunidades Autónomas, destacando en cifras absolutas os incrementos de Madrid (116.674), Cataluña (97.497) e Andalucía (86.572).

Galicia:


O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado mes de abril en 989.416 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 4.532 persoas afiliadas máis respecto ao mes anterior (0,46 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou abril con 754.764 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 213.359 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 21.293 afiliados medios.


As afiliacións á Seguridade Social aumentaron en 24.948 no último ano, unha subida do 2,59 %,

Ourense:


O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado mes de abril  en 101.660 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 19 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,02 %). 


En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un incremento de 2.070 ocupados (2,08 %). 


A afiliación ao Réxime Xeral rematou abril con 76.734 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 24.926 afiliados medios. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
 Recibirá resposta.