martes, 15 de mayo de 2018

Ao peche de 2017 o Corredor Atlántico supera os 3,6 millón de viaxeiros


Informa onte Renfe que o número de viaxeiros dos trens de Media Distancia, en todos os trens do Corredor Atlántico, ao peche de 2017 supera xa a cifra dos 3,6 millóns de viaxeiros. 


Un total de 3.616.700 clientes decantáronse por estes servizos, o que supón un incremento do 7,5 por cento, respecto ao exercicio 2016, cando a cifra foi de 3.361.700 de clientes.

Os usuarios do último ano que utilizan estes servizos repartíronse do seguinte modo: 

1,8 millóns empregaron os servizos rápidos (cifra que supón un crecemento do 7,8 por cento respecto de 2016), máis 1 millón empregaron os servizos de proximidade (cifra que supón un crecemento do 6,6 por cento respecto ao 2016) e, finalmente, 704.000 viaxeiros trasladáronse nos trens Avant (cifra que supón un incremento do 8,5 por cento respecto ao 2016).

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.