Onte viaxei desde Ourense a Madrid nun tren Alvia e grazas a este medio de transporte puiden comprobar en persoa como evolucionaban as obras da liña de alta velocidade entre Taboadela e Zamora.
E con satisfacción comprobo que son evidentes os avances.
Na Gudiña onde se construirá a primeira estación da Comunidade “Porta de Galicia” , máis adiante na construción dos viadutos, e xa preto de Sanabria, na construción do cambiador de anchos de Lobeznos, Pedralba de la Pradería que dan sensación de estar na recta final.
Circulando xa pola provincia de Zamora, chegamos á Base de Montaxe que se localiza no termo municipal de La Hiniesta, nun punto de confluencia da nova LAV e a liña convencional Zamora-Ourense en servizo.
É neste enclave loxístico onde se amoreaban os carrís, travesas, aparellos de vías e o balasto necesarios para a montaxe de vía do tramo Zamora- Pedralba.
Trátase dunha instalación deseñada para nove vías sobre balasto de ancho estándar (1.435 mm) e dúas vías sobre balasto de ancho convencional (1.668 mm). Ademais, conta con dúas vías estuchadas na laxa de transferencia, unha vía de cada ancho, así como unha vía máis de ancho estándar no interior da nave de mantemento de material móbil.
O ritmo de subministración de carril está programado a razón de tres trens carrileros semanais, con capacidade para 30 barras de 270 m de lonxitude cada unha. En total, precísanse 26.000 toneladas de carril para o tramo Zamora- Pedralba en vía dobre, que se recibirán mediante 54 trens carrileros (1.600 barras en total).
Os trens carrileros entran na Base de Montaxe de La Hiniesta en horario nocturno para non alterar o servizo ferroviario da liña convencional Zamora-Ourense. O carril descárgase durante o día mediante os novos pórticos recentemente instalados na devandita Base. Alí, son amoreados na laxa de formigón armado construída para o efecto.
A instalación permitirá a montaxe de vía para o 111 km de trazado de alta velocidade entre Zamora e Pedralba de la Pradería. Onte impresionaba a magnitude do tren carrilero que transportaba os carrís.
Continuando a viaxe, vexo tramos con balasto e travesas colocadas que van dando forma ás vías do AVE nas proximidades de Zamora capital.
En definitiva, constato que todo indica que se poderá alcanzar por Adif Alta Velocidade – se non xorden imponderables – o obxectivo de conclusión das obras entre Zamora e Pedralba, a final dos presente anos.
É importante ter en conta que a finalización das obras dá paso ao comezo de circulacións en probas.
Despois, antes de producirse a posta en servizo, Renfe tamén leva a cabo as súas probas e a formación de maquinistas, e fanse unha serie de trámites nos que intervén a Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria, Renfe e ADIF/ADIF AV.
É importante ter en conta que a finalización das obras dá paso ao comezo de circulacións en probas.
Despois, antes de producirse a posta en servizo, Renfe tamén leva a cabo as súas probas e a formación de maquinistas, e fanse unha serie de trámites nos que intervén a Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria, Renfe e ADIF/ADIF AV.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.