domingo, 13 de mayo de 2018

Celebrando o 40 aniversario da fundación da Asociación de Empresarios de Perruquería e Salóns de Beleza de Ourense


Onte os profesionais de perruquería e estilismo de Ourense celebraron a súa Gala anual na que nesta ocasión conmemoraron o 40 aniversario da sua fundación.

Comezou como Asociación Empresarial de Empresarios Peulqueros y de Peluquería de Caballeros de Ourense, en outubro de 1977, pero anos máis tarde foi redefinida para converterse na actual Asociación de Empresarios de Perruquería e Salóns de Beleza de Ourense.

A actual presidenta Beatriz Gómez dirixiu a homenaxe aos cinco ex presidentes do colectivo dende a súa fundación: Antonio Rodríguez Fernández, o presidente fundador; Julio Gutiérrez Romero; Jorge Cachaldora Seoane; Antonio Peiteado Iglesias; e Camilo Sotelo Barroso.

Tamén houbo un recoñecemento para os profesionais xubilados no último exercicio, Antonia Balboa González e Dolores Fernández Taboada.

A Gala contou cunha exhibición de barbería a cargo do afamado perruqueiro asturiano Manuel Mon.

E despois fomos ao Liceo Recreo Ourensán onde se serviu un cotel no que non faltou a torta coas velas correspondentes a este 40 aniversario.

O meu recoñecemento a estes queridos profesionais da perruqería e a beleza de Ourense, aos que sinto moi unido desde hai anos.

Parabéns e longa vida a esta Asociación.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.