Como
daba conta neste blog, o pasado 30 de abril acompañado polo deputado
ourensán Miguel Viso mantiven en Vilamarin unha
reunión de traballo co grupo comisionado para o impulso da Autovía A-56
Ourense-Lugo, constituído días antes en Chantada.
Nela escoitamos de primeira man as inquedanzas
dos alcaldes e empresarios sobre o estado actual das comunicacións entre
Ourense e Lugo, incluído o mal estado do firme na estrada N-540 en
territorio da provincia de Lugo, a partir de Carballedo e singularmente penoso
en Chantada, que persoalmente comprobamos.
Tamén neste blog o 3 de maio daba conta de que nesa data o subdelegado do
Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e técnicos da Dirección Xeral de Estradas do
Ministerio de Fomento reuníronse na capital lucense, cos alcaldes de Guntín,
Monterroso, Portomarín, Taboada, Chantada e Carballedo, para abordar a situación
das obras de reparación do firme da N-540.
Pois
ben, relacionado co anterior, onte nunha nota de prensa o Ministerio de Fometo
informaba que “continúan os traballos urxentes de reparación
do firme en varias estradas na provincia de Lugo, iniciados o pasado 3 de
abril, tras as adversas condicións meteorolóxicas da campaña invernal 2017-18 e
os continuos temporais de choiva e neve que contribuíron a acelerar a súa
deterioración.
O orzamento das obras, inicialmente valoradas en 2,82 millóns
de euros, ampliouse ata os 5,54 millóns de euros para cubrir novas zonas que é
necesario reparar, especialmente na N-540 na variante de Chantada así como outros tramos desta estrada e da N-547.
Está previsto que os traballos, xa en execución, continúen o
seu desenvolvemento durante os próximos dous meses, en función da climatoloxía,
nos seguintes tramos de estradas da provincia de Lugo: Estrada N-540, do P. K. 0+300 ao P. K. 62+100. Estrada N-547, do P. K. 18+700 ao P. K. 42+600. Estrada N-642, do P. K. 2+200 ao P. K. 45+300.
Zonas puntuais da autovía A-6, do P. K. 413+200 ao P. K. 540+000
Ademais, na estrada N-642 entre Barreiros e San Cibrao, en xaneiro de 2018 foi licitado por un orzamento de 2,92 M€ o contrato de obras “Rehabilitación estrutural do firme na estrada N-642. Puntos quilométricos 26+950 ao 28+800 e 36+500 ao 55+000”, que permitirá acometer a reparación das zonas danadas e a renovación completa da capa de rodaxe en varios tramos da N-642 nos termos municipais de Barreiros, Foz, Burela e Cervo.
Esperamos e confiamos que eses traballos desenvólvanse cumprindo os prazos programados e devolvan a normalidade aos firmes antes referenciados.
Esperamos e confiamos que eses traballos desenvólvanse cumprindo os prazos programados e devolvan a normalidade aos firmes antes referenciados.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.