O Servizo Público de
Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado
correspondentes ao mes de abril de 2018.
Son os seguintes:
Ourense:
Baixa o paro rexistrado en marzo en relación co mes
anterior en 1 persoa, un 0,00 %.
A nivel interanual, isto é, con respecto a abril do
ano pasado, 2.877 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón
unha caída do desemprego do – 12,53 %.
O número de parados queda en 20.090, deles 8.729 son
homes e 11.361 mulleres, 18.929 son maiores de 25 anos e 1.161 menores.
Por sectores, 1.028 son da agricultura, 2.482 da
industria, 1.857 da construción, 12.724 nos servizos e 1.999 do colectivo sen emprego
anterior.
Galicia:
O paro rexistrado de Galicia baixa en abril en
2.812 persoas con respecto a marzo (un – 1,52 %).
O número de parados queda en 182.291, deles 78.073 son
homes e 104.218 mulleres, 173.190 son maiores de 25 anos e 9.101 menores.
Por sectores, 6.673 son da agricultura, 20.667 da
industria, 16.920 da construción, 122.133 nos servizos e 15.898 do colectivo
sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a abril do
ano pasado, 22.338 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón
unha caída do desemprego do – 10,92 %.
España:
O número de parados rexistrados nas oficinas dos
Servizos Públicos de Emprego baixou en abril en 86.683 persoas en relación co
mes anterior, o que supón a maior redución histórica un mes de abril sen Semana
Santa.
Durante os meses de abril dos últimos 8 anos o paro
rexistrado reduciuse máis ou menos en 73.068 persoas. Aínda que a deste ano é a
cuarta maior redución de toda a serie, se se compara o comportamento do pasado
mes de abril con aqueles semellantes nos que non tivo lugar a Semana Santa,
estamos ante a maior redución do paro ese mes en termos homoxéneos. En
termos desestacionalizados o paro tamén descendeu
en 24.149 persoas.
Respecto de abril de 2017 o paro reduciuse en 237.168
persoas, o que sitúa o seu nivel de redución interanual no 6,6%. Así, a cifra
total de parados rexistrados é de 3.335.868, a máis baixa desde xaneiro de
2009. Iso supón que desde máximos rexistrados en febreiro de 2013, o paro
reduciuse en 1.704.354 persoas.
O paro rexistrado baixou nas 17 comunidades autónomas,
especialmente en Andalucía (24.105), Cataluña (12.515) e a Comunidad de Madrid
(9.461).
Por sectores económicos de procedencia dos
traballadores, o paro rexistrado reduciuse en Servizos, en 57.607; en
Construción, 13.913; en Agricultura e Pesca, en 9.562, e en Industria, en 7.040
persoas.
Pola contra, aumentou entre aquelas sen emprego
anterior, en 1.441 persoas. Maior rexistro de contratos indefinidos en abril de
toda a serie histórica O número de contratos rexistrados durante o mes de abril
foi de 1.772.557, supono unha subida do 10,48% sobre o mesmo mes do ano 2017.
Así mesmo, en abril rexistráronse 189.671 contratos de
carácter indefinido, o maior rexistro de contratos indefinidos un mes de abril
de toda a serie histórica e o maior incremento interanual da serie nese mes.
A contratación indefinida creceu un 25,2% con respecto
a abril de 2017, case o triplo que a contratación temporal, un 8,9%”;
encadeando así xa 51 meses consecutivos de aumentos na contratación indefinida
e superando os catro anos completos de crecemento ininterrompido. Este
incremento da contratación indefinida “é aínda maior no caso da contratación a
tempo completo, que aumentou un 26,4%".
Ademais, segundo os datos da Enquisa de Poboación
Activa do primeiro trimestre de 2018, o 74% dos traballadores asalariados ten
un contrato indefinido, tres de cada catro, fronte ao 69,2% que se rexistraba
no cuarto trimestre de 2007.O número de parados
rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou en abril en
86.683 persoas en relación co mes anterior, o que supón a maior redución
histórica un mes de abril sen Semana Santa.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta.